A MARIÑA .- O parlamentario autonómico do PP, José Manuel Balseiro, asegura que “acreditou” no Parlamento “510 días de espera para acceder ao caótico servizo de cardioloxía do Hospital da Costa. Balseiro afirma que “moitos dos veciños da Mariña non saben que o profesional encargado de facer o filtro de pacientes no servizo de cardioloxía non é un especialista do corazón senón un médico de medicina interna”.
Nota de Prensa
Cayetano Rodríguez Escudero, secretario xeral do SERGAS emprazado a explicar, na Cámara autonómica e a proposta do Grupo Popular, “as múltiples deficiencias que se están a producir nesta especialidade médica”.
BALSEIRO ACREDITA NO PARLAMENTO 510 DÍAS DE ESPERA PARA ACCEDER AO “CAÓTICO” SERVIZO DE CARDIOLOXÍA DO HOSPITAL DA COSTA
o Moitos dos veciños da Mariña non saben que o profesional encargado de facer o “filtro” de pacientes no servizo de cardioloxía non é un especialista do corazón senón un médico de medicina interna.
A Mariña, 18 de setembro de 2008.- A saturación que está a afectar ao servizo de cardioloxía do Hospital da Costa de Burela foi obxecto de debate na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia celebrada no día de hoxe. O Grupo popular, a través do seu deputado mariñán José Manuel Balseiro Orol, interesábase sobre o número de especialistas que traballan nesta área, sobre o procedemento empregado polo SERGAS para informar aos pacientes desta especialidade que o profesional que lles estaba a tratar, nas primeiras visitas, non é un cardiólogo senón un internista, e outras cuestións relativas á enorme demora que se está rexistrar para o acceso a esta consulta, -unha da que maiores listas de espera rexistra no conxunto dos hospitais galegos-
510 DÍAS DE ESPERA
Como mostra das deficiencias que afectan a esta especialidade Balseiro Orol puxo tres exemplos de pacientes que estaban a sufrir “graves prexuízos” como consecuencia “do mal funcionamento dos servizos sanitarios comarcais”. Así por exemplo indicou que podía acreditar a existencia dun doente mariñán que leva esperando 510 días para ter a súa primeira cita co cardiólogo. “Pediu a vez o 11/05/2007 e déronlle cita para o 2/10/2008”. A maiores deste caso, Balseiro Orol tamén explicou o acontecido cun paciente operado dun “dobre bay-pass, unha invertención a corazón aberto” e que, unha vez dado de alta do servizo de cirurxía, e á espera de dispoñer dunha nova cita de revisión co cardiólogo do Hospital da Costa faleceu. Días despois do falecemento o servizo de admisión do centro hospitalario burelense chamaba para cancelar a cita sine die todo iso pese a gravidade da operación realizada “Non e lóxico, nin aceptable, que a un paciente prioritario vexa canceladas as súas citas de revisión, sen darlle datas alternativas, e sen nin tan sequera observar a evolución da enfermidade”.
Finalmente, Balseiro Orol tamén lembrou un caso que transcendeu a todos os medios de comunicación, o de José Duarte, de 67 anos, que pasou 17 meses esperando a acceder a unha consulta, a pesar de ser un paciente infartado. Este veciño de Viveiro vía como se lle cancelaba continuamente a súa cita, sen ningún tipo de explicación.
O máximo dirixente do SERGAS, Cayetano Rodríguez limitouse a lamentar estas deficiencias, “sen ofrecer solucións alternativas para este tipo de casos”, e chegou incluso a poñer en dúbida a veracidade dos datos empregados polo deputado popular. “Iso si, non quixo responder ao requirimento efectuado desde o PP, para trasladarlle os papeis que demostran estas longas e inxustificables esperas. Simplemente tres exemplos dos moitos que acreditan que se están a producir cancelacións masivas de citas, no servizo de cardioloxía e outras especialidades, do Hospital da Costa”.
O SERGAS INDUCE Á CONFUSIÓN:
UN INTERNISTA REALIZA FUNCIÓNS DE CARDIÓLOGO
Por outra banda, o deputado popular José Manuel Balseiro Orol tamén criticou o feito de que “moitos dos veciños da Mariña cando chegan á consulta de cardioloxía pensan erroneamente que están a ser atendidos por cardiólogos, porque ninguén os informa que no Hospital da Costa quen lles está a realizar as primeiras probas non é un especialista do corazón senón un médico internista”. Cayetano Rodríguez xustificou que esta situación era “habitual en moitos hospitais terciarios de Galicia”.
O deputado popular critica que un dos argumentos empregados polo SERGAS para xustificar este feito sexa que “os médicos dispoñen dunha placa nas súas batas, onde se lles identifica e na que se acredita a especialidade da que dispoñen. “Unha resposta absurda” – a xuízo do deputado popular- “para non ter que recoñecer que se está inducindo á confusión dos pacientes de cardioloxía”. Balseiro Orol indicou que “sen estar a prexulgar o enorme grado de profesionalidade do médico internista, que nos consta que así é, non estaría mal que no Hospital da Costa fixeran saber, sen lugar á menor dúbida, que o traballo deste médico internista que fai funcións de cardiólogo é filtrar pacientes e facer unha análise preliminar dos casos que chegan a este servizo”
ACLARACIÓNS
Por último as preguntas do Grupo Parlamentario Popular serviron para aclarar as declaracións contraditorias realizadas polo propio secretario xeral do SERGAS e o director xerente do Hospital da Costa. Sanidade confirmou que a dia de hoxe hai tres cardiólogos e un especialista de medicina interna prestando os seus servizos nesta consulta do centro hospitalario mariñán.

















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



