Ribadeo, 26 de novembro de 2015.- Ribadeo acolle este sábado, 28 de novembro, a terceira Xornada de Difusión de Proxectos Europeos, que organiza a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia. Ao encontro asistirán uns 30 profesores e haberá outros que o seguirán por vídeo conferencia. O presidente do colectivo, Álvaro Doural, subliñou que nestes proxectos europeos hai implicados 14 centros, que contan con 12.000 alumn@s e uns mil profesores.
Doural explicou que “un ano máis por estas datas a asociación fai xornadas, neste caso de difusión de proxectos europeos que está a desenvolver a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, que vai ser o próximo sábado no hotel O Cabazo. Vanse valorar todos os proxectos que se están facendo neste momento, algún que xa rematou ou está a punto de acabar, por exemplo o de innovación e formación, que xa rematou e agora estanse facendo actividades de sustentabilidade do proxecto. Tamén se analizará a iniciativa Aprender a aprender en la FP, que é un proxecto de mobilidade de profesores que se fixo durante este ano 2015. Vaise facer a valoración das tres mobilidades que se fixeron: a Alemania, á República Checa e a Italia. Tamén se valorarán os materiais elaborados polos profesores en cada mobilidade, que están na nosa páxina web: www.apaga.es, onde se poden ver fotos, materiais que elaboraron os profesores dos recursos cos que traballan en centros de Alemania, Italia e a República Checa”.
O presidente de Apaga dixo que “pasaremos a falar tamén dos proxectos que se están iniciando nestes momentos, que é Innovación y conocimiento na Formación Profesional, que arranca agora con mobilidades a Crocia, Estonia, República Checa, Francia e Italia. Estas actividades vanse facer dende agora ata maio de 2016”.
Álvaro Doural contou que “tamén este ano contamos cun novo proxecto dentro doutra modalidade do Erasmus +, que é o de asociación estratéxica. E aí temos o proxecto de redes de mobilidade e innovación na Formación Profesional, que se vai levar a cabo con outros 5 socios: de Estonia, de Crocia, de República Checa, de Francia e Italia. Aborda unha problemática que hoxe en día estamos vivindo nos centros, qué o tema da formación básica; é dicir, como elaborar novos materiais que motiven aos alumnos e que supoñan un cambio de didáctica importante á hora de impartir coñecementos. É un proxecto a dous anos e vaise iniciar precisamente a semana que vén, coa primeira reunión, que será en República Checa o venres e o sábado da vindeira semana”.
Na xornada deste sábado, 28 de novembro, no hotel O Cabazo tamén se analizarán as propostas de proxectos que se van presentar en 2016, pero que se realizarán no 2017.
“É dicir, hai un programa de actividades bastante grande durante a xornada deste sábado, porque a nosa entidade cada vez ten máis iniciativas e preténdese condensar o máximo posible para que a xente que virá de distintos puntos de Galicia e nalgúns casos doutras comunidades, como Navarra, e tamén se vai conectar por videoconferencia con socios de outras autonomías, como Castela León ou Murcia”, engadiu o presidente de Apaga.
Doural engadiu que “na xornada participarán unhas 30 persoas aproximadamente polas invitacións que se enviaron, aínda que está aberto a toda a xente que queira vir á reunión. Pero en principio está xornada está pensada para os centros que están implicados neste tipo de proxectos, que son neste momento 14 centros moi potentes, que contan cun total de cerca de 12.000 alumnos e algo máis de mil profesores. Quen coordina e xestiona todo é Apaga, pero ao redor diso hai, aparte dos socios de acollida nos distintos países, que hai que recordar que neste momento estamos en 11 países da Unión Europea con proxectos de colaboración, e esta xornada está enfocada principalmente a este tipo de xente, independentemente de que nós, como estamos colaborando con algunha entidade máis da zona, tamén está aberta a que se algunha xente está interesada en vir non hai problema ningún”.





















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



