A liga de Primeira RFEF volve a Vista Alegre tras unha parada de case un mes polo Campionato Mundial de Guatemala no que a laranxa Peque e España alzáronse co bronce. A novena xornada, co FS Gironella (19.15 horas), en directo por streaming, será o segundo acto dunha Tarde Laranxa, con dobre duelo burelista-catalán; arrincará ás 16.15 horas con Primeira LNFS e a visita de FC Barcelona (TVG2/Esport3).
“Durante estas semanas traballamos moi ben. Estabamos nunha boa liña en competición e regresamos para continuar con ela” aseguraba o técnico mariñán, Iván Cao “Lucas”. O conxunto laranxa, que recibiu este descanso encaixando a súa primeira derrota da tempada, en Alacante (3-0), e caendo do coliderado compatido con Navalcarnero, volve ao parqué con todos os seus efectivos ao cento por cento, excepto Shiori, que estará apartada nos próximos meses por unha lesión de xeonllo sufrido coa elástica xaponesa en Guatemala.
“Sabemos que non será doado; medirémonos a un equipo novo, cun fútbol sala alegre, que nos quererá poñer as cousas complicadas” puntualizaba o adestrador mariñán do rival de mañá, que chega ocupando a oitava praza, con 12 puntos.
Liga en martes
“Para nós esta é unha semana crucial. Con Gironella debemos recuperar as boas sensacións, antes de dous envites antes rivais directos” advertía Lucas, cunha axenda moi apertada nos próximos sete días. O martes viaxará a Ourense para medirse ao Envialia (17.00 horas), terceiro con tres puntos menos que as burelistas, e o sábado recibirá en Vista Alegre (18.30 horas) ao Atlético de Madrid, líder con tres puntos máis que as galegas.
Copa Galicia
Tras impoñerse ao Leis Marcón (1-6), de Segunda, as laranxas xa confirmaron data para o compromiso de Copa Galicia na pista do Olivo FS, de Autonómica; será o xoves 17 de decembro, ás 21.15 horas.
Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 31. Eva.






















Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
