O Burela Pescados Rubén non puido completar o seu maratón semanal con pleno de vitorias tras colleitar un empate a tres goles na pista do Jimbee Roldán FSF. A escadra murciana optou por un ritmo alto desde o inicio para intentar aproveitar a escasa rotación laranxa e logrou sorprender nos primeiros compases co gol de Marta Peñalver, minuto 4. O 1-0 outorgou máis confianza ás murcianas que levaron a iniciativa ante un Burela que lle custaba coller o ritmo. Tralo ecuador do primeiro periodo as burelás comezaron a espertar e equilibraron o control do partido. As mariñás amosáronse máis incisivas en ataque pero Espe desbaratou as mellores ocasións visitantes e Terrés non perdoou unha asistencia de Maite Mateo para situar o 2-0, minuto 18. A escasos segundos para o descanso o Burela Pescados Rubén recortou distancias por mediación de Ceci. Co 2-1 chegouse ao intermedio e na continuación as galegas saltaron á pista con maior mordente e acurralaron ao Jimbee Roldán. As oportunidades laranxas topábanse coa boa actuación de Espe que mantivo ao seu equipo ata que un disparo de Gaby tocou en Anita e o balón coouse na portería murciana (2-2), minuto 24. O Burela pasaba polo seu mellor momento do partido e a remontada fíxose real tras un gol de Maite nunha estratexia. A capitá burelesa marcou o 2-3 cunha preciosa volea tras un saque de esquina. Con este marcador chegouse ao tramo final e o Jimbee Roldán apostou polo xogo de cinco e aínda que en principio non inquietaba demasiado aproveitou un balón para empatar (3-3) por mediación de Consuelo. Aínda houbo tempo para un intercambio de ocasións sen acerto e o partido finalizou con reparto de puntos.
Ficha técnica
Jimbee Roldán FSF: Espe, Marta Peñalver, Terrés, Inma, Maite Mateo -cinco inicial- Anita, Consuelo, Miriam, Cris.
CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Bea Mateos, Gaby, Maite -cinco inicial- Ceci, Lara.
Goles: 1-0, m.4, Marta Peñalver; 2-0, m.18, Terrés; 2-1, m.20, Ceci; 2-2, m.24, Gaby; 2-3, m.31, Maite; 3-3, m.37, Consuelo.
Árbitros: Buendía Izquierdo, Martínez Flores. Colegio murciano. Cartón amarelo a Ceci do Burela Pescados Rubén.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 12 de Primeira División RFEF, disputado no pavillón Gabriel Pérez de Roldán.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
