Burela, 22 de decembro de 2015.- O portavoz do Grupo Municipal Popular, José María González Barcia, reuniuse este martes en Santiago de Compostela co Director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, para coñecer o estado do procedemento para a construcción da nova estación depuradora de augas residuáis (EDAR).
José María González Barcia mostrou a súa satisfacción pola reunión, porque “agora vese que todo o traballo que fixemos nos últimos tres anos sobre esta necesidade imperiosa que tén o noso concello vai dando os seus froitos”.
O portavoz popular indicou que “tal e como se tiña falado, a planta será compacta, con tratamento biolóxico, ocupará aproximadamente 1.200 m2, xusto nas inmediacións da EDAR actual, polo que habería que facer obra de eliminación de saíntes rocosos existentes na zona e, o máis importante, Augas xa tén avanzado o proxecto constructivo da nova planta. Consideramos que esto é un avance significativo no procedemento de construcción desta infraestructura, que polas súas características terá pouco impacto visual, nulo en canto a cheiros, e sen dubida a calidade da auga depurada será infinitamente millor á actual”.
Barcia manifestou que “o Director de Augas indicounos que, tal e como se anunciara en marzo deste ano pola, por aquel entón, conselleira do ramo Ethel Vázquez, a obra está incluida no Programa Operativo 2014-2020 de fondos FEDER da Unión Europea”.
O popular tamén afirmou que “certos trámites que ó respecto tiña que solucionar Portos de Galicia co Goberno Central están en vías de solventarse. En todo caso, e a propósito de certos rumores que houbo e hai, quizá froito do descoñecemento, a decisión de colocar a nova EDAR onde está previsto e non no Berbés tén toda a lóxica do mundo: será máis cara, pero non estará colocada mui cerca da lonxa de ABSA, algo que preocupaba ó sector pesqueiro, e non ocupará solo destinado a outros usos de carácter industrial e empresarial vinculados coa actividade portuaria e pesqueira”.
González Barcia afirmou que “logo da reunión que mantivemos hai mes e medio coa nova conselleira do ramo, Beatriz Mato, era preciso concretar aspectos vencellados con esta importante e necesaria infraestructura, e a reunión de hoxe foi mui positiva. Burela vai contar cunha EDAR para moitos anos”.
Outro asunto que tratou o portavoz popular con Roberto Rodríguez, o Director de Augas, foi “o proxecto constructivo de canalización de boa parte do rego do Perdouro. Como se sabe este proxecto está aprobado definitivamente, logo dun proceso de certa complexidade, informado favorablemente por Augas de Galicia, e incluido no Plano Xeral de Ordenación Municipal. Obra que permitiría unir a zona do Hospital coa do Perdouro. A petición a Augas era que atendese as peticións do concello de prórroga da autorización para facer a obra, dado que de momento non hai capacidade económica para facer esta actuación, que tén un importe de millón e medio de euros”.
Finalmente, José María González Barcia aseguro que “o PP, desde a responsabilidade que temos nestes momentos na corporación, seguimos traballando pola nosa vila, porque para eso estamos, e así o seguiremos facendo, coñecendo alomenos o transcurrir do procedemento dos proxectos que nós comenzamos ou impulsamos, como é este caso. E seguiremos facéndoo, porque nos preocupamos pola nosa vila. Dóenos, pero non nos sorprende en absoluto, ver como o alcalde nin ten pisado, nin tan siquera chamado, a Augas de Galicia para interesarse por estas cuestións. Alí, nin estivo, nin se lle espera, porque non tén cursada ningunha petición de entrevista. Non se pode ter máis desidia nin exemplificar millor a despreocupación polos asuntos de futuro do noso concello”.


















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



