Burela, 22 de decembro de 2015.- O Burela FS Pescados Rubén non puido despedir 2015 sobre a pista con vitoria. Os pupilos de Daniel Ibañes, que viaxaron a Tudela con grandes ausencias, notaron en exceso o cansazo fronte ao Aspil Vidal Ribera Navarra (4-2); con xogo de cinco puideron reducir ata 3-2, aínda que non tiveron tempo para máis.
Malia que o cadro mariñán comezou moi ben, co rápido tanto de Chino, xa no minuto 3, os laranxas non se mostraron sólidos en defensa e o Aspil aproveitou. Antes de chegar ao ecuador da primeira parte, anotaron David Pazos e Lucho (minutos 8 e 9), e no 16, ampliou distancias Pedro.
Con 3-1, ambas as escuadras volveron á palestra. Rearmáronse na faceta defensiva os de Daniel para manterse no partido. No último cuarto o Burela FS Pescados Rubén optou por porteiro-xogador, xa con cinco faltas. A falta de 30 segundos, puido reducir con 3-2 cun disparo de Iago Rodríguez, que tocou en Luisma en útimo termo, pero os locais puideron volver poñer terra por medio sobre a bocina, con Rubi.
Vista Alegre recibe o 2016
A liga de Primeira LNFS volverá para os mariñáns o domingo 3 de xaneiro en Vista Alegre (18.00 horas), coa visita do Palma Futsal na 17ª xornada.
Ficha técnica
Aspil Vidal Ribera Navarra: Molina, David, Roger, Andresito, Joselito, cinco inicial; tamén xogaron Hamza, Luisma, Rubi, Loito, Pedro, David Pazos
CD Burela FS Pescados Rubén: Álex, Iago Míguez, Bellvert, Iago Rodríguez, Chino, cinco inicial; tamén xogaron Carlitos, Antoñito, Hélder, Rubén
Goles: 0-1, minuto 2, Chino; 1-1, minuto 8, David Pazos; 2-1, minuto 9, Loito; 3-1, minuto 16, Pedro; 3-2, minuto 40, Iago Rodríguez (Luisma p.p.), 4-2, minuto 40, Rubi
Árbitros: Redondo Arenales // Viedma Martín. Por Ribera amarela a Roger e Andresito. Por Burela FS amarela a Iago Míguez e Antoñito
Incidencias: Partido correspondente á 16ª xornada da Primeira División da LNFS disputado no pavillón Ciudad de Tudela.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
