Cervo, 15 de marzo de 2016.- A sétima edición da Ruta Enduro Medela en bicicletas de montaña, que se celebrará este domingo día 20 a partir das 09:30 horas, foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, e catro membros do club Medela MTB, de San Cibrao: o presidente, David Riera Amor; o vicepresidente, Oscar Hermida Bouza; o tesoureiro, Abel Ordas Díaz; e o secretario, Víctor Riera Amor.
O concelleiro de Deportes cervense explicou que esta ruta, patrocinada polo Concello de Cervo, “está enfocada ao enduro de MTB, modalidade que se caracteriza polo seu percorrido ao longo de sendeiros técnicos; e a pesar de que ten unha parte competitiva, como calquera tipo de proba deportiva, está pensada para gozar tanto da paisaxe da nosa comarca como das sensacións de andar en bicicleta aproveitando as súas amortiguacións. A proba comezará nas inmediacións da piscina de Lieiro, en San Ciprián, realizando un percorrido non competitivo por varias zonas do noso concello, concretamente por Lieiro, a zona do faro, Galdín e Gondrás, o cal tamén serve para dar a coñecer os nosos encantos naturais a aquelas persoas de fóra da localidade que participen. A continuación porase rumbo ao monte da Medela, onde as persoas que forman o club levan moitas xornadas de traballo preparando os tramos especiais de enduro, que sen dúbida non deixarán indiferentes aos participantes”.
José Ramón Soto engadiu que “ao finalizar o percorrido, que ten unha lonxitude duns 36 quilómetros e 1.500 metros de desnivel acumulado, haberá una comida para todos los participantes. O ano anterior houbo unha participación de 210 corredores, cifra que se espera superar nesta sétima edición”.



















Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
