Lugo, 29 de marzo de 2016.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias Rodríguez, mantivo este martes un encontro con Manuel Blanco Fanego, presidente do Burela FS Pescados Rubén, para ultimar os detalles do acto promocional do leite de marca Galega 100% que está previsto desenvolver o vindeiro sábado, ás 18:15 horas en Vista Alegre, coincidindo co partido que enfrontará ó equipo burelés e Mosvistar Inter.
Esta acción promocional enmárcase dentro da campaña de apoio ao sector leiteiro que está a levar a cabo a Xunta de Galicia e que permitirá ao público asistente ao encontro degustar este leite de calidade a través do reparto gratuíto de minibricks. Así mesmo, a promoción do leite galego permanecerá en vallas publicitarias no estadio durante toda a tempada.
O distintivo de calidade que a Consellería de Medio Rural está a potenciar con este tipo de actos identifica o leite e os produtos lácteos feitos con materia prima galega, elaborados e envasados en Galicia. Unha materia prima que procede exclusivamente de explotacións leiteiras que acadan de modo continuado parámetros de calidade superiores aos esixidos pola normativa comunitaria e que están inscritas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada.
Neste senso Raquel Arias salientou que este selo representa “unha garantía para os consumidores”, xa que ao comprar leite etiquetado con Galega 100% “saben que están a consumir un produto de primeira calidade que ten como orixe a nosa Comunidade”. E, ao mesmo tempo, “contribúe á mellora do nivel de vida dos nosos gandeiros e, en consecuencia, en beneficio do conxunto do sector lácteo galego”.
A delegada da Xunta agradeceu a colaboración e implicación do equipo burelés, nomeadamente a do seu presidente Manuel Blanco, no desenvolvemento desta iniciativa que, segundo dixo, “tamén contribúe á concienciación da sociedade sobre a calidade que ten o leite producido en Galicia e os beneficios ligados ao seu consumo”.










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



