Santiago de Compostela, 5 de abril de 2016.- O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, esixiulle este martes ao goberno galego que “tomen en serio dunha vez por todas aos portos da Mariña”. Así o dixo no debate dunha pregunta en Comisión dirixida ao presidente de Portos de Galicia, José Juan Duran, a quen lle lembrou que malia os seus anuncios de propaganda, aínda teñen “todo por facer” nos dragados de Burela e Celeiro.
O responsable socialista lembrou que, malia o compromiso do goberno galego, a realidade é que aínda non comezaron co proceso para dragar as dársenas e, o pouco que fixeron, que foi o dragado de Burela, resultou “ineficaz” por canto hai un mes quedou varado un arrastreiro na baixamar e tivo que ser remolcado para evitar males maiores.
Explicou que aínda está pendente a definición do punto de vertido e, a partires de aí, o inicio dun longo percorrido na recollida de informes das distintas administracións competentes na materia, como son Patrimonio, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, a Secretaría Xeral de Pesca, a Dirección Xeral de Costas, a Secretaría Xeral de Calidade de Avaliación Ambiental ou a Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
Así o explicaba o goberno galego nunha resposta escrita sobre o proxecto de Celeiro que remitida ao Grupo Socialista o pasado 9 de febreiro. Aínda despois de todos estes trámites, lembrou, “si os informes son favorables, resta recoller o permiso da Capitanía Marítima para iniciar a fase de redacción e adxudicación do proxecto”.
Portos importantes
Val Alonso reclamoulle ao goberno galego “actuacións previstas e prazos para desenvolvelas” en favor dunha poboación que depende en boa medida de dous portos que facturan 150 millóns de euros en primeira venda de pesca fresca, o que da medida da súa importancia.
Acusou a Portos de “entreterse en cousas menores” como “pintar aparcamentos ou os pantaláns” cando “os usuarios dos portos coñecen perfectamente o que hai” logo de varios dragados consecutivos en distintos portos, mal planificados e “que non funcionaron”.



















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



