Ribadeo, 6 de abril de 2016. As II Xornadas Gastronómicas Asturias en Ribadeo, que organiza Acisa celebraranse os días 15, 16 e 17 de abril en dezaoito locais hostaleiros da localidade.
Esta cita, destinada á promoción da gastronomía asturiana, estará amenizada por grupos de gaitas como Brisas do Navia, entre outros, o sábado 16 durante todo o día.
Os establecementos participantes son: Cienfuegos, O Cabazo, A Baixada do Oviedo, Ven de Viños, Rosalar, O Bodegón, Queimada, Costa Verde, A Dorada, O Alén, San Miguel, Marinero, La Lira, A Quinta, Galipizza, O Lar de Manolo, La Bugalla e Porta Norte. Estes locais ofrecerán tapas e racións típicas da gastronomía en Asturias.
A directiva de Acisa anima a gozar destas xornadas: “a venirse de Folixa a Ribadeo”. Y destacan que “son muchos los asturianos y asturianas que se acercan cada fin de semana a Ribadeo, a hacer sus compras, a comer, a recorrer esta villa… son muchos los que tienen su casa aquí y además son también muchos los cocineros y propietarios de nuestros restaurantes asociados que son asturianos y qué mejor que organizar de nuevo estas jornadas gastronómicas para saborear las delicias de la cocina de nuestros vecinos asturianos”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



