O ano 2016 ten unha significación literaria evidente con Manuel María como figura central. Así pois, ao longo do ano iranse desenvolvendo en Ribadeo diferentes actividades e concertos arredor do autor chairego que comezan este sábado 9 de abril coa actuación do conxunto vocal lugués, Solo Voces. Poesía e música combínanse intimamente neste concerto cargado de lirismo. “O eco do poeta. Manuel María” supón a chegada aos nosos ouvidos da poética do autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano a través das composicións de Eli G. Bouso, quen recrea as paisaxes adoradas por Manuel. O espectáculo coral terá lugar no Auditorio Municipal cun prezo de entrada de 3 euros.






















O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



