Foz, 14 de abril de 2016.- O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O pasado 6 de abril de 2016 aprobouse no Consello Escolar do IES de Foz, o solicitar da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a implantación para o vindeiro curso académico do Ciclo de Grao Superior de Dirección de Servizos de Restauración pertencente o departamento de hostalería e o Ciclo de grao Superior de Márketing e Publicidade pertencente o departamento de comercio.
Foz Plataforma de Futuro considera imprescindible para o desenrolo profesional dos mozos e mozas da nosa comarca e os que non o son, ampliar a oferta educativa do noso instituto en dous sectores tan importantes no mundo laboral e empresarial da pequena e mediana empresa como son os da hostalería e o comercio. Sectores nos que hai unha gran demanda de profesionais e que están directamente relacionados cunha das mais importantes fontes de ingresos da comarca como é o turismo.
O IES de FOZ dispón dunha boa oferta formativa, agás de FP, principalmente de grao superior que a día de hoxe só dispón de un, sendo un dos centro de ensino secundario da mariña que menos ciclos de FP oferta, comparado con poboacións semellantes como Ribadeo, Burela ou Viveiro.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación e posterior apoio do seguinte acordo:
-Instar a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a implantación no IES de Foz, para o vindeiro curso académico dos Ciclos de Grao Superior de Dirección de Servizos de Restauración e de Márketing e Publicidade.