Burela, 16 de abril de 2016.- O Burela FS Pescados Rubén viviu unha das súas tardes máis desafortunadas en Vista Alegre este sábado fronte ao sempre impoñente Elpozo Murcia (1-8). A actitude e as ganas dos mariñáns, que sabían que o encontro deste sábado se expuña como unha gran xesta, non foron suficientes para bater a determinación do Bronce de Primeira, que puxo a remontada para os laranxas pouco alcanzable, con 0-4 xa ao descanso.
Jé estreou o luminoso no minuto 5, tras perda de Iago Míguez. O tándem dos Iago dispuxo dunha gran ocasión na área visitante para igualar no minuto 12, quizais a mellor ata o momento; non callou e aproveitaron poucos segundos despois os de Elpozo, co 0-2 de Marinovic, tras rexeite de Álex fronte a Adri. No 14, Matteus ampliou a brecha sorprendendo a Álex, que perdeu a traxectoria do esférico tapado pola defensa burelista. A falta de cinco minutos para o descanso, os de Daniel buscaron a remontada con Iago Rodríguez de azul. Fabio estivo correctísimo ante as perigosas accións de Antoñito e Chino; Iago Míguez, pouco despois, a punto estivo de anotar o 1-3 de disparo cruzado, pero foise desviado por nada, e acto seguido tentou sorprender Jorge desde máis lonxe. Cando máis estaban a pelexar e merecendo o gol os de Daniel Ibañes, chegou o cuarto dos visitantes a porta baleira, de Juampi, tras perda de Chano.
No segundo acto, cun lastre demasiado pesado, a fortuna non se aliou cos mariñáns. Aos 47 segundos de volver á pista, subiu o 0-5, cun balón que esperaba Jé ao bordo da liña de meta e que tentou despexar Jorge sen éxito. Tentaron manter a compostura os laranxas e salvar o partido con moitos minutos aínda por diante; tras boas tentativas de Chino, ao corpo de Fabio, e Jorge, ao pau, Adri rubricou o 0-6 no minuto 26, tocando outra vez en Jorge antes de perforar a rede. Superada a medianía e despois dunha gran diagonal de Chano na área murciana fronte ao muro infranqueable de Fabio, volveu Iago Rodríguez liderar o xogo de cinco e atopou o merecido gol da honra (minuto 32). Seguiu apostando o Pescados Rubén polo porteiro xogador para recuperarse e tentar endereitar o rumbo no últimos sete minutos; o contundente Elpozo Murcia, con Matteus, ampliou distancias ata o final 1-8, a porta baleira no minuto 5 e en xogada individual a falta de 46 segundos.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Álex, Iago Rodríguez, Carlitos, Jorge, Chino, cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, Isi, Chano, Antoñito, Alemán
Elpozo Murcia FS: Fabio, José Ruiz, Juampi, Adri, Marinovic, cinco inicial; tamén xogaron Matteus, Jé, Fernando, Lolo Suazo, Josema, Elías
Goles: 0-1, minuto 5, Jé; 0-2, minuto 12, Marinovic; 0-3, minuto 14, Matteus; 0-4, minuto 19, Juampi; 0-5, minuto 21, Jé (p.p. de Jorge); 0-6, minuto 26, Adri (p.p. de Jorge), 1-6, minuto 32, Iago Rodríguez; 1-7, minuto 35, Matteus;1-8,minuto 39, Matteus.
Árbitros: Redondo Areais // Viedma Martín (Castela e León). Por Burela FS amarela a Álex (minuto 21), Iago Rodríguez (minuto 22)
Incidencias: Partido correspondente á 28ª xornada da Primeira División da LNFS disputado en Vista Alegre. Ao redor de 1.100 espectadores.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
