Durante o mes de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas, o Colexio Plurilingüe Martínez Otero, de Foz, pon en marcha unha serie de actividades que demos en chamar, “Maio Cultural” : Concurso de deletreo, certame literario, sesión de contacontos, teatro, música, cine en galego, deporte en galego …
1.- Nos primeiros días de maio tiveron lugar as fases previas do concurso de deletreo, das que saíron os representantes de cada aula para a fase final. Participamos tamén, o día 5 de maio no correlingua, en Burela. Os diferentes alumnos foron elaborando os seus “microrelatos” para presentalos ao certame literario,en colaboración coa ANPA do colexio.
2.- O 9 de maio teremos a sesión de contacontos, que tradicionalmente prapara con mimo o alumnado de 4º de ESO para o disfrute dos máis peques do cole. Tamén neste día remata prazo para a presentación de traballos para o certame literario de microrelato
3.- O 13 de maio, venres, teremos unha xornada deportiva en galego, na que participará todo o centro:
• Infantil,1º e 2º de primaria: Combinada atlética, controlada polo alumnado de 3º ESO
• 3º a 6º.- Actividade lúdico – deportiva nas instalacións do campo de fútbol Martínez Otero.
• 1º , 2º ESO.- “Multideporte interaulas”
• 4º ESO.- Os encontros da xornada: “Tres en un : Profesorado vs alumnado de 4º ESO”
4.- O mesmo 13 de maio, pola tarde, cine en galego, escollido en función das idades do alumnado.
5.- 18 de maio, a partir das 15:20 h, fase final do concurso de deletreo, ao rematar,entrega de premios do concurso e tamén do certame literario, organizado en colaboración coa ANPA do colexio.
6.- 25 de maio: Concerto didáctico a cargo do alumnado da Escola Municipal de Música, dentro do seu ciclo “A ESMU no teu cole”
7.- 27 de maio: Representación teatral, o grupo de teatro do colexio levará a escea “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela” da autoría de Manuel María, autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas.
8.- Fóra do mes de maio, e como remate do curso o día 21 de xuño, teremos no colexio, unha vez máis, ao grupo de teatro afeccionado focense “Pico do Castro”, para representar a última das súas producións; unha actividade esta, aberta ás familias do noso alumnado que queiran asistir.
Durante todo este tempo nos corredores do colexio, nas aulas e salas comúns, estarán expostos os carteis conmemorativos de Letras Galegas e traballos do alumnado feitos con tal motivo. Enfín, unha actividade intensa, organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística, e animada e levada a cabo por todo o profesorado do centro