Santiago de Compostela, 19/05/16-. A Mesa pola Normalización denuncia a exclusión da lingua galega nas entradas no agardado partido de reaparición da selección galega de fútbol.
Abanca, propiedade da venezolana Banesco, é a entidade que a través da súa páxina de venda de entradas ofrece o servizo de merca online para o partido da nosa selección. Malia a publicidade que realiza habitualmente o banco privatizado na que afirman representar intereses galegos e ser Galiza o seu principal ámbito de negocio, non teñen opción de galego na venda de entradas. Aínda que as queixas por esta ausencia do galego, incluídos espectáculos en galego, na Mesa pregúntanse se, neste caso, non será que a orixe venezolana fai que aposten por Venezuela e non por Galiza?
Outra maneira de adquirir as entradas é na Federación Galega de Fútbol. Na sede da Coruña, tamén ignoran o galego e ao marcarmos o 981 120 619 sae unha gravación só en castelán. A atención telefónica por parte de persoal da Federación tamén exclúe o galego ao igual que na súa sede da rúa Menéndez Pelayo da Coruña.
O resultado é que nas entradas menos o texto de tres liñas que di “FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL. Estadio Municipal de Riazor – A Coruña. Venres, 20 de Maio de 2016- – 20:30 Hrs.” todo o demais está en castelán.
Na Mesa lembran que dificilmente se poden representar intereses económicos, deportivos ou de calquera outro tipo, excluíndo a lingua propia de Galiza.
Esta é a festa do fútbol galego? Unha festa sen galego? Preguntouse o presidente da Mesa. Para Maceira este partido ímolo gañar: o da selección galega e o do idioma galego. Excluír o noso idioma dun acontecemento tan relevante e que debía servir para unir o conxunto do pobo galego é gravísimo, e instou á federación galega de fútbol a sumarse ás miles de persoas que lle reclaman a Abanca a presenza do galego en todos os trámites, incluído o da venda electrónica de entradas.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



