Lugo, 19 de maio de 2016.- Os 12 Deputados do Partido Popular e o Deputado non adscrito rexeitaron este xoves nun Pleno Extraordinario o orzamento da Deputación para 2016. Fixérono ao votar a favor das reclamacións feitas polo Deputado non adscrito, nas que en todas, agás nunha, pedía a inmediata retirada do documento. “As súas ansias de poder, levounos a rexeitar o Presuposto. Continuamos cun orzamento prorrogado, pero estudaremos todas as medidas legais que estean ao noso alcance para poder aprobar un Presuposto para os máis de 350.000 lucenses dos 67 Concellos, como é a miña proposta. Unha vez máis, queda en evidencia o conchabeo de 13 Deputados para tentar boicotear a este Goberno”.
A proposta de Orzamento que o Presidente levou este xoves ao Pleno para a súa aprobación definitiva incluía os ditámenes de Secretaria Xeral e Intervención, os máximos responsables administrativos da Deputación, nos que se inadmitían as alegacións e reclamacións ás contas, feitas polo Partido Popular e o Deputado non adscrito. E facíano por seren presentadas fóra do tempo legal establecido e por falta de lexitimidade. Son, polo tanto, contrarias á lei, segundo recolle o texto refundido da Lei Reguladora das Facenda Locais (artigos 169.1, 170 e 172).
Con todo, 13 Deputados votaron en contra dos informes técnicos, admitindo as alegacións. Posteriormente, os mesmos votaron a favor das reclamacións do PP e logo das do Deputado non adscrito, onde se reclamaba a “inmediata retirada” do Presuposto. O propio informe de Secretaria Xeral, ao que tiveron acceso todos os Deputados o pasado sábado durante a Comisión Informativa, subliñaba e alertaba sobre este feito.
Proposta para todos, coas peticións da Corporación
A proposta de Orzamento Consolidado da Deputación para 2016 que fixo o Presidente conta con 88,3 millóns de euros. As súas liñas de actuación baséanse en emprego, mellora de infraestruturas e políticas sociais para os veciños dos 67 Concellos. Duplícanse as achegas económicas para estas liñas con respecto ao ano pasado grazas á débeda cero da Deputación. Pois non contar con cargas financeiras supón que os investimentos reais se incrementen en máis de 8 millóns de euros en relación ao 2015. O Presidente quixo incorporar e respectar os investimentos de 5 millóns de euros que Elena Candia comprometeu a 17 Concellos gobernados polo Partido Popular, cando estaba na presidencia. Ademais, tamén incluíu unha partida de 1,5 millóns de euros para o inicio das residencias de Becerreá, Folgoso do Courel e Portomarín. Polo tanto, o Presidente recolle na súa proposta de Orzamento para 2016 peticións de toda a Corporación Provincial. “As ansías de poder da voceira do PP e do Deputado non adscrito supuxo que 13 Deputados retirasen o orzamento”, explicou o Presidente.


















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



