Ribadeo, 20 de xuño de 2016.- Os días 25 e 26 de xuño disputarase nos pavillóns municipal e polideportivo o IX Torneo Nacional de Fútbol Sala Feminino Vila de Ribadeo, que foi presentado na tarde deste luns no salón de plenos do Concello. No evento daranse cita 24 equipos nas categorías alevín, infantil, cadete e senior.
Na presentación participaron o concelleiro de Deportes, David Rivas, o presidente do Ribadeo FS, José Francisco Martínez, o técnico municipal de Deportes, Iván López, o secretario do Ribadeo FS, José Rodil, e un dos vocais do club, Elías Puente.
O edil de Deportes dixo: “estamos a unha semana escasa da celebración, un ano máis, do Torneo Nacional de Fútbol Sala Feminino Vila de Ribadeo na súa novena edición. Debemos recoñecer o traballo que leva facendo todos estes anos o Ribadeo Fútbol Sala, porque somos conscientes do complicado que é sempre organizar un evento destas características; e máis aínda este ano en concreto cando, coa modificación da Lei do Deporte de Galicia, se esixe aos clubs que queiran organizar calquera tipo de torneo facerse cargo dun seguro que cubra a totalidade dos participantes que non estean con ficha federativa”. E subliñou que “aínda así este ano vai haber torneo de fútbol sala feminino, que ademais pensamos que é necesario desde o punto de vista deportivo, como podería ser calquera outro torneo, pero tamén desde o punto de vista de integración e de visibilización da muller no deporte. E desde o Concello en todo o que sexa camiñar nese sentido nosoutros estaremos aquí para o que faga falta”.
E presidente do club organizador, José Francisco Martínez, lembrou que “o Ribadeo Fútbol Sala dende o 2008 ven organizando este torneo feminino de fútbol sala Vila de Ribadeo, que é un dos máis relevantes do norte de España. Por aquí pasaron equipos de Madrid, de Granada, de Pamplona, de País Vasco, Cantabria, Asturias e toda Galicia, con xogadoras que destacaron e destacan na Primeira División do fútbol sala feminino. O maior desexo da organización é que este torneo chegue a adquirir o carácter de internacional, posto que é algo que temos pendente desde a primeira edición”.
Martínez contou que “nesta novena edición contamos cun total de 24 equipos, 3 deles alevíns, outros 3 infantís, 6 cadetes e 12 sénior, que pertencen ás comunidades de Cantabria, Asturias e das catro provincias galegas”. E tivo palabras de agradecemento para “o Concello de Ribadeo, tamén á Deputación Provincial de Lugo, á Xunta de Galicia, a Acisa Ribadeo e aos establecementos que aparecen no cartel pola súa colaboración, sobre todo nesta edición que se nos pon un pouco máis costa arriba debido á normativa que puxo a Xunta de Galicia a través de Deporte Galego pola seguridade dos xogadores e das xogadoras”.









A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
