O PP de Viveiro segue agardando a que a Sra. Alcaldesa conteste ao que estes días lle preguntaba en relación aos traballos non realizados polo inspector principal no asunto dos procedementos sancionadores da policía local.
“Nos decretos asinados por ela e nos que se lle abonan 500 euros ao mando policial – febreiro, marzo e abril-, figura expresamente este parágrafo: “resultando que igualmente é o encargado e instrutor do procedemento sancionador de todos os asuntos relacionados coa Policía Local”. Unha vez que demostramos que dos 807 expedientes revisados de xaneiro a maio non realizou nin o primeiro e que ademais faltou á verdade aos veciños de Viveiro cando afirmaba o contrario no seu artigo dirixido contra o noso grupo, preguntámoslle de novo se ten pensado instalo a que devolva ese diñeiro, así como se ten pensado seguirlle pagando estas gratificacións en diante. Se o resto dos motivos polos que se lle pagou cúmpreos como o de instruír os expedientes, cremos que ben faría a Sra. Alcaldesa en comprobar se son certos todos os supostos polos que se lle abonan ditas cantidades e que ela ratifica coa súa firma”.
“Todo este asunto dos cobramentos destas gratificacións trouxo como consecuencia poñer ao descuberto a posible nulidade de todas esas multas ao estar instruídas por unha traballadora persoal laboral e non por un funcionario tal e como marca a legalidade, o que non ocorrese se o Sr. Inspector Principal cumprise coa súa obrigación, xa que el se é funcionario”.
“Unha vez máis a Sra. Alcaldesa nas súas respostas do pasado xoves 23 de xuño, onde di que se se axustan á legalidade, pon de manifesto a súa forma de gobernar, confundindo e mesturándoo todo para non recoñecer a realidade. Invoca na súa resposta o artigo 28 da Lei de Emprego Público de Galicia e pensamos que non está moi acertada na súa elección xa que aquí pon ao descuberto o barullo laboral que existe no concello motivado pola dificultade de elaborar unha nova RPT ou reformar a existente, xa que este artigo refírese a que as RPT serán obxecto das modificacións necesarias para axustalas á creación de postos derivados de sentenzas xudiciais firmes que recoñezan situacións laborais de carácter indefinido cando a persoa afectada non poida ser adscrita a un posto de traballo vacante. A proposta de modificación da *RPT deberá efectuarse no prazo máximo de tres meses a partir da data da firmeza da sentenza xudicial. Unha vez modificada a RPT, a persoa afectada será adscrita ao posto de nova creación. Cabería pois preguntarse se foi recoñecido como indefinido o posto de traballo da instrutora das multas nalgún tipo de sentenza firme, e evidentemente isto non foi así”.
O PP de Viveiro cre que “debería de fixarse nesa mesma lei, pero no seu artigo 22 onde se fala das funcións e postos de traballo reservados ao persoal funcionario. Neste artigo no seu punto 1 di que lles corresponde exclusivamente aos funcionarios o exercicio das funcións que impliquen participación directa ou indirecta no exercicio de potestades públicas ou na salvagarda dos intereses das administracións públicas, e resulta evidente que a actividade sancionadora en materia de tráfico supón unha clara potestade pública que realiza a Administración. Así mesmo no artigo 2 E, establece que nas RPT reservaranse necesariamente ao persoal funcionario aqueles postos que teñan atribuídos competencias para ditar actos de incoación, instrución ou resolución de procedementos administrativos. Queda claro pois que en ningún destes casos tal función poderá ser desenvolvida por persoal laboral tal e como acontece no caso das multas, multas que estimamos nulas ao estar *viciado desde o principio todo o seu procedemento instrutor, dada a non idoneidade da instrutora”.
O PP de Viveiro seguirá co seu labor de oposición e en defensa dos intereses dos veciños de Viveiro, velando porque os recursos de todos gástense en asuntos que melloren as nosas condicións de vida e que non se anden regalando alegremente para pagar outras cuestións que pouco ou nada teñen que ver co interese xeral.

















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



