Nunca soubemos por qué, sendo Santiago o patrón da nosa vila celèbranse, como patronais, as festas de San Lourenzo.O feito, sen ser algo insólito, resulta chamativo, pois descoñecemos a existencia de algún acontecer histórico ou lendario que relacione ó santo das parrillas co noso pobo. Temos escoitado teorías que pretenden explicar as razóns polas que se da tal aparente incoherencia, todas relacionadas con motivos laborais; pero non atopamos uha soa referencia documental que confirme algunha delas. Así, dise que en tempos nos que a gandeiría e agricultura tiñan un peso definitivo na economía da nosa sociedade, trasladáronse as festas ó 10 de agosto para celebralas de xeito mais distendido, xa rematadas as faenas do campo referidas, sobre todo,ós traballos de segas e das mallas.
Outra versión, para nós menos consistente, tería que ver coas costeiras do bonito e o bocarte, alusión que consideramos anacrónica. E unha terceira, senon mais veraz, sí mais atractiva, tería que ver coa existencia dunha antiga confraría para organizar os festexos, que era propietaria de gando ceibo no monte; o día 24 de xullo celebrábase na Espiñeira unha importante feira á que se levaban a vender as reses, o que interfería no desarrollo da celebración festiva.
Acaso non sexan éstas mais que elucubracións faltas de fundamento, o que fai que moita xente,focegos e foráneos, segan a preguntarse;¿por qué e, dende cando, o San Lourenzo pasou a sustituir a Santiago na celebración social do festivo patronal…?
Para a primeira parte da pregunta non temos a mínima resposta. Polo que respecta á segunda un benquerido amigo, estudoso da historia local,atopou no libro de fábrica da igrexa parroquial unhas anotacións según as que no ano 1634 pagáranse x reás a un gaiteiro por tocar na festa de Santiago e 33 anos despois, en 1667 por facelo na festa de San Lourenzo; e dende entón (s.XVII) celebrouse sempe ésta. Parece que o dato despexa sequera unha parte da incógnita…
Suso Fernández


















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



