O grupo de latin-jazz burelés presenta este xoves 21 ás 22.30 horas o seu segundo traballo cunc oncerto na terraza do Hotel Nordés. O concerto, gratuíto e para todos os públicos, está enmarcado dentro do “FESTIVAL e OBRADOIRO GALEGO de PERCUSIÓN, VIBRÁFONO e IMPROVISACIÓN” que se está a celebrar dende o día 15 ao 23 en Burela, organizado pola Asociación Mariña Jazz, a Asociación Pedagóxico-Musical Marosa Jazz e o Hotel Nordés (ademáis de contar coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo).
O grupo Marosa Jazz Project deuse a coñecer oficialmente no verán de 2008 en Burela, e, ao longo da súa vida participou en numerosos Festivais de Jazz e gañou varios premios a nivel nacional. O seu líder, o vibrafonista burelés Israel Arranz convirtiuse o ano pasado no primeiro galego e español en tocar e ser profesor no “EUROPEAN-VIBRAPHONE FESTIVAL & WORKSHOP” (“Festival e Obradoiro Europeo de Vibráfono”) celebrado en Wuppertal (Düsseldorf, Alemaña) e está considerado como un dos mellores vibrafonistas europeos de salsa e latin-jazz.
O novo disco do Marosa Jazz Project, titulado “LÉMBRAME” está composto, na súa totalidade, por composicións do propio Arranz, agás unha peza composta polo vibrafonista grego Dimitris Angelakis, que será o artista convidado para o concerto-presentación do CD. Durante a gravación contou con artistas convidados como o propio DimitrisAngelakis, a frautista burelá Silvia Rozas (que acaba de acadar unha praza para estudar en Berlín), o saxofonista Pablo Añón, o batería Miguel Cabana e o percusionista Roi Adrio. Ademáis o disco conta no seu interior cunha crítica-reseña do vibrafonista neoirquino Christos Rafalides.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



