Burela, 1 de agosto de 2016. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Burela segue a impartir cursos de informática para nenas e nenos no verán.
A Aula CeMIT de Burela comezará a impartir unha nova serie de cursos de Informática para nenas e nenos o vindeiro 22 de agosto. A inscrición péchase este xoves, día 4.
Esta terceira serie de cursos contará cun total de tres: Mecanografía, Iniciación ao retoque de fotografías e Procesador de textos. Cada un destes tres cursos iniciarase o 22 de agosto, impartiranse de luns a venres, contarán cunha duración de 10 horas e finalizarán o 2 de setembro. A data límite para inscribirse nestes cursos será o xoves 4 de agosto.
O curso de Mecanografía estará dirixido a nenas e nenos de 9 ou máis anos e o seu horario será de 9:30 a 10:30 horas. Nel amosarase a correcta posición das mans á hora de escribir nun computador. Os asistentes realizarán diferentes leccións que consistirán na repetición dunha serie de letras para adquirir certa axilidade. Empregarase un programa libre para esta fin.
A actividade Iniciación ao retoque de fotografías estará dirixida a nenas e nenos de 10 a 12 anos e impartirase de 10:30 a 11:30 horas. Con este curso amosarase a modificar e retocar fotografías a través do programa libre Gimp.
O último dos cursos, desta terceira serie de actividades, será o de Procesador de textos para nenas e nenos. Impartirase de 11:30 a 12:30 horas e estará dirixido tamén a nenas e nenos de 10 a 12 anos. Con esta actividade amosarase a crear todo tipo de documentos de texto a través do programa libre Writer incluído no paquete ofimático LibreOffice. Os alumnos aprenderán a darlle formato ao texto, inserir imaxes nun texto, crear horarios e calendarios, etc…
Para inscribirse nestas actividades, poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo S/N, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal ou enviando un correo á dirección: cemit.burela@xunta.gal

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



