Ribadeo, 11 de agosto de 2016. A embarcación ribadense Verigüeto venceu na regata de cruceiro local V Trofeo Semana Náutica de Ribadeo disputada eeste mércores que contou con 14 participantes.
Os seguintes clasificados foron, por esta orde, 747 Gerlom, 747 Promar, Capricho, Tsunami, Bip, Lola, Pabana, Brent, Mascalzone, Mannesman e Xelón. Madeiro e Catalamar tiveron que retirarse.
Sobre esta proba o presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, explicou que “o vento apertou forte na segunda manga e afortunadamente os patróns deron boa conta da súa pericia para que non houbese que lamentar ningún contratempo”.
Esta foi a última regata da XXVI Semana Náutica Ría de Ribadeo e a entrega de trofeos de todas as probas disputadas está programada para este sábado, día 13, ás 20.00 horas no salón do Real Club Náutico ribadense.










A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
