Lugo 26-8-16. O Presidente e o Vicepresidente da Deputación, Darío Campos Conde e Álvaro Santos Ramos manterán unha xuntanza de traballo o vindeiro luns dia 29, con todas as entidades sociais representativas dos colectivos especiais da provincia co fin de avanzar nas novas liñas de traballo para a creación dun novo Plan de Emprego, dende o organismo provincial, para favorecer a inclusión social e laboral destes colectivos vulnerables. “Nesta xuntanza queremos coñecer de primeira man ás súas necesidades para dar resposta as súas demandas e poder actuar dun xeito eficaz e práctico”, subliñou o Presidente.
Campos Conde lembrou que na nosa Comunidade a taxa de paro deste colectivo chega ao 30%. “Dende a Deputación entendemos que todas as administracións deben ser sensibles con este tema, non podemos deixar de lado aos que mais o necesitan, xusto cando máis o necesitan. E o que pretendemos con este novo Plan de emprego é dar resposta a unha necesidade vital para o desenrolo social e laboral destes desempregados que teñen máis dificultades para acceder ao mercado laboral”, explicou o Presidente.
O organismo provincial xa puxo en marcha diversos programas de emprego nos 67 Concellos da provincia como o Ben Empregado I e II cunha dotación de 12 millóns de euros, e o Lugowork con 2 millóns de euros.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



