Cara as nove e media deste sábado 27 de agosto quedará restablecido o subministro de auga en San Cosme, segundo acaba de informar o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente. O centro de San Cosme e tamén a zona da praia da mesma parroquia estiveron sen auga ou con moi pouca desde primeiras horas desta mañá, por mor dunha fuga que se produciu a carón da vía do tren, na estrada que baixa á praia e que foi detectada ao longo deste sábado. O Concello traballa para restablecer o servizo o antes posible.
Restablecido o subministro de auga en San Cosme
Restablecido o subministro de auga en San Cosme
Relacionado
-
San Xoán no burgo de Trasbar
-
O colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, celebrou unha cerimonia de graduación para o alumnado de 4º da ESO, que rematou este curso o seu paso polo centro
-
Debido ás modificacións do tráfico con motivo do Resurrection Fest, non estará permitido o estacionamento na rúa Lavandeiras desde o luns 23 de xuño ás 08:00 horas ata o martes 1 de xullo ás 08:00 horas