Bruxelas, 20 outubro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), participou este xoves pola mañá en Bruxelas no Cumio Cidadán sobre o CETA, como se coñece o Acordo Económico e Comercial entre Canadá e a UE que os gobernos do espazo comunitario pretenden asinar o vindeiro 27 de outubro. Durante o acto, no que participaron representantes da sociedade civil, partidos políticos do Parlamento Europeo e autoridades locais e rexionais, a eurodeputada de AGEe asinou unha declaración conxunta que insta á Eurocámara e aos parlamentos dos Estados membro a votar contra este acordo. O texto recalca o risco de perda de control na regulamentación de áreas clave como a saúde e a seguridade alimentaria, o clima e o medio ambiente, o desenvolvemento local e a educación, así como os servizos e contratacións públicas.
Nun acto ao que tamén asistiron pequenos produtores e produtoras de denominacións de orixe que quedarán desprotexidas coa entrada en vigor do CETA, e tendo en conta o veto do Parlamento rexional de Valonia ameazando a sinatura do día 27, Lídia Senra manifestou que “afortunadamente as cousas non están indo como quere a Comisión Europea e nós imos seguir dando a batalla para contribuír a que non se aprobe o CETA”. Con todo, a eurodeputada de AGe lamenta “que a Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo , tendo a importancia que ten o CETA neste ámbito, se negue a preparar unha opinión grazas aos votos do Partido Popular e do Partido Socialista que se opoñen a facelo”. Ningunha das Denominacións de Orixe galegas queda protexida no acordo que, ademais,abre á importación o equivalente ao 0,6 % da produción e do consumo interno da carne fresca de vacún da UE. “Isto vai ter un impacto moi importante para as galegas e galegos, xa que deste sector dependen economicamente as zonas mais desfavorecidas e de montaña”, asegura a eurodeputada.
Lídia Senra aplaude o “non” do Parlamento da rexión de Valonia ao CETA, unha aprobación que puxo de manifesto mediante a sinatura dunha carta conxunta de apoio a Paul Magnette, presidente desta rexión belga, que denunciou mesmo presións para lograr o visto bo ao acordo. “Reivindicamos tamén que as nacións, neste caso a través do Parlamento galego, deberían ter o dereito a decidir sobre acordos deste tipo, polo que instamos ao Goberno galego a poñer en marcha todas as accións necesarias para conseguir que o pobo galego teña este dereito”, pediu tamén a eurodeputada de AGe.

















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



