Vista Alegre vivirá este venres a primeira festa de 2016-17 como Día do Club coa visita de colosal FC Barcelona Lassa (21.00 horas), con emisión en directo por streaming (www.lnfsdirecto.es). Un dos protagonistas laranxas sobre o parqué será o andaluz Sebastián Vargas Otero, Chano, case acabado de aterrar do seu debut coa Selección Española: “Aínda que só foron tres días aprendín moito e sobre todo gocei, gocei moitísimo. O gol no segundo partido foi a guinda ao pastel, aínda que ao final o que máis satisfai é facer un bo traballo, pero evidentemente se podes marcar, moito mellor”, explicaba o 11 burelista tras a súa participación coa Vermella nos amigables con vitoria fronte a Francia en Limoxes.
“É unha inxección de enerxía e ánimo impresionante para seguir facendo as cousas ben con Burela. Volvín moi ben; na sesión de onte atopeime un pouco canso porque viña da viaxe, pero todo foi moi ben. Os meus compañeiros felicitáronme e interesáronse moito pola miña experiencia” explicaba Chano tras o reencontro co cadro mariñán en Vista Alegre, a pouco máis de 24 horas para recibir a un dos grandes da elite.
A escuadra de Daniel Ibañes terá un reto nada envexable por diante. Regresa á Bomboneira co gran desafío de reatoparse coa vitoria e ampliar os ata agora 3 puntos recollidos ante o Santiago hai dúas xornadas. Os cataláns recalan con 9 puntos, tras a derrota inaugural na casa de Peñíscola (3-2) e encadeando tres triunfos (Cartagena 5-4, Jumilla 3-11 e Gran Canaria 4-2). “Non é mellor rival nin é o mellor momento porque empezamos a liga con certas dúbidas, algo irregulares, facendo partidos moi bos e outros bastante máis xustos. É un momento no que temos que coller boas sensacións e facer puntos; para iso o Barça non é o mellor rival pero aquí na casa podemos competir. Se estamos concentrados podemos sacar o partido adiante. Ao final depende máis de nós que do Barcelona; sabemos que eles van estar ben, son un equipazo cun vestiario amplo na que calquera xogador mantén un nivel altísimo” reflexionaba o 11 laranxa.
Á convocatoria de Daniel Ibañes regresa Isi, que non puido xogar na pista de Magna, por unha rotura de fibras. Bruno Petry, parado boa parte da semana por unha contractura, e Iago Míguez, por un proceso gripal, chegarán minguados.
Convocatoria Pescados Rubén: 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 10. Matamoros, 11. Chano, 12. Petry, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. J. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito
FC Barcelona Lassa: 2. Aicardo, 3. Rómulo, 4. Tolrà, 6. Joao Batista, 7. Dyego, 8. Adolfo, 11. Ferrao, 12. Juanjo, 13. Joselito, 14. Roger Serrano, 23. Diego Quintela, 28. Paco Sedano
Venda anticipada
A venda anticipada na oficina laranxa pecharase mañá ás 14.00 horas. A taquilla de Vista Alegre estará aberta desde as 20.00 horas. As entradas de soci@s poderán ser liberadas a partir das 20.50 horas.
PREZOS PARA SOCIOS: Adult@: 5 € // Menor de 18 anos: 1 €
PREZOS PARA NON SOCIOS: Adult@: 15 € // Menor de 18 anos: 5 €
Copa do Rei
Os pupilos de Daniel Ibañes disputarán oitavos de Copa do Rei o vindeiro martes, 8 de novembro, na pista do Aspil Vidal Ribera Navarra (Ciudad de Tudela, 20.30 horas).






















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
