A Confederación ANPAS GALEGAS quere facer pública a súa postura sobre a convocatoria, para as fins de semana deste mes de novembro, dunha presunta “folga de deberes” por parte do estudantado dos centros públicos.
Esta mobilización está convocada dende Madrid pola Confederación Española de Asociaciones de Padres de alumnos, CEAPA; unha asociación que reúne a unha parte das ANPAs españolas, pero en absoluto á súa totalidade, e que non ten nin a competencia, nin a capacidade para convocar ningún tipo de mobilización con carácter xeral en todo o Estado.
No que atinxe aos deberes escolares, problemática que afecta fundamentalmente ao alumnado de primaria e primeiros cursos de secundaria, esta Confederación opina que debe ser tratada dentro do marco global de modificación do actual modelo educativo, baseado case en exclusiva na memorización de enormes currículos e na repetición como ferramenta de aprendizaxe.
Obviamente, esta Confederación rexeita a utilización da técnica dos deberes escolares cando esta se utiliza como un método para ampliar o tempo lectivo dun xeito irregular, pretendendo así completar tempos docentes insuficientes; cando se utiliza como un castigo por non ter avanzado na clase á velocidade estandarizada, desoíndo así a chamada de atención dunha necesidade específica non atendida; ou cando simplemente son repeticións do xa explicado e traballado en clase coa intención de que esa reiteración fixe datos e conceptos na memoria dos nosos nenos e nenas.
Tamén entendemos que os deberes escolares fomentan a exclusión, ao afondar na diferenza entre o alumnado que dispón de medios externos, e aquel que non dispón deles; prolonga innecesaria e descontroladamente a xornada escolar, sen respectar os tempos privados dos nenos e nenas; e entremétese na vida familiar ao condicionala á realización de tarefas de imprevisible programación.
Pero todo isto debe contextualizarse nun debate serio e rigoroso, onde as familias queremos e debemos participar, sobre o conxunto do modelo educativo, e sobre a utilización e a consideración do tempo dos nenos e as nenas como tempo propio e como tempo familiar.
E ese debate quen temos que dalo somos os maiores en nome dos nenos e nenas que aínda non teñen os anos nin a formación para facelo, sen cargar sobre deles a responsabilidade de enfrontarse ao seu profesorado con mobilizacións que aínda que lles acaian, sonlles alleas no seu planeamento e organización.
Por estas causas, esta Confederación está totalmente en contra das mobilizacións iniciadas por CEAPA, consideramos dunha enorme frivolidade este xeito de levar unha reivindicación que si cremos que debe formar parte da axenda política, e invitamos ás familias a non escoitar o chamado a esta “folga de deberes”, e dende logo negamos totalmente a conveniencia de promover calquera tipo de enfrontamento entre o alumnado e o profesorado. Non son os nenos quen teñen que resolver os problemas da educación, somos as súas nais e pais quen debe facelo no seu nome, e para o seu beneficio.




















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



