O pasado xoves día 3, co gallo da celebración do Día de Defuntos a véspera, o Programa Parolando da Radio Burela dedicou o seu coloquio ó tema da morte. Reunimos arredor da nosa mesa a seis persoas diferentes para dar a súa versión sobre este difícil tema. Estiveron connosco Noelia Rodríguez (avogada de Lugo), Antón Niñe (profesor de Relixión Católica do instituto Perdouro de Burela), Luís Miguel Yáñez (comercial en Dielectro en Burela e Presidente do Grupo Teatral Raiolas), Antonio Jesús Lorenzo “Cachín” (gardarríos na zona do río Masma e actor en grupos teatrais como Raiolas, Trípode e O Centiño), Paco Piñeiro (profesor, autor teatral, escritor e actor) e Rita Morrigan (escritora de Xove). Falouse do “máis alá”, dos costumes galegos relacionados cos enterros, da comunicación cos mortos, etc.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



