O Pescados Rubén Burela FS tomou o desquite de oitavos de Copa do Rei este martes no Ciudad de Tudela. Nesta ocasión, os de Daniel Ibañes apropiáronse da vitoria fronte a Aspil Vidal Ribera Navarra con 2-4, resultado que os conduce á segunda clasificación para cuartos da historia laranxa. Os mariñáns disputarán a seguinte eliminatoria entre o 13 e o 14 de decembro, no medio dunha semana con desprazamentos a Canarias e Santa Coloma; coñecerán a identidade do seu rival no sorteo do venres 18 de novembro.
“Foi un partido moi igualado no que estivemos moi ben, sobre todo psicoloxicamente” reflexionaba así Daniel Ibañes tras o seu regreso a terras galegas. “Malia comezar por detrás no marcador soubemos manternos no partido” puntualizaba o técnico, nunha cita na que se adiantaron os locais, con Oussama no minuto 8, con boa reacción dos laranxas, que en 3 minutos tomaron a iniciativa, con Matamoros (minuto 13), de disparo raso tras recoller un balón longo, e Iago Rodríguez (minuto 16). Nos últimos compases Lucas recuperou o equilibrio no luminoso nun rexeitamento.
“Desde que nos puxemos por diante, soubemos xogar co resultado” analizaba Daniel Ibañes, cunha segunda parte na que o Pescados Rubén enseguida volveu ver portería, de novo con Iago Rodríguez (minuto 24). Viviuse unha recta final con aposta de porteiro-xogador por parte dos de Pato con sólida defensa dos da Mariña, que puxeron o broche co 2-4 de Antoñito a porta baleira, tras unha grande oportunidade de Mata, que se foi por pouco.
“Mantivemos a concentración en todo momento, durante os corenta minutos. Os xogadores con máis minutos souberon aproveitalo e os que ata agora tiveron menos participación tamén souberon dar moi ben a cara. Hai que seguir así, sen baixar a garda” concluía así a lectura en adestrador laranxa.
Ficha técnica
Aspil Vidal Ribera Navarra: Molina, Luisma, Lucas, Javier Mínguez, Ferrán Plana, cinco inicial; tamén xogaron Pedro, Oussama, Rubi, Hamza e Kostas
Pescados Rubén Rubén Burela FS: Miñano, Jorge Bellvert, Iago Rodríguez, Cuco, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Iago Míguez, Antoñito, Hélder, Carlitos
Goles: 1-0, minuto 8, Oussama; 1-1, minuto 13, Matamoros; 1-2, minuto 16, Iago Rodríguez; 2-2, minuto 19, Lucas; 2-3, minuto 24, Iago Rodríguez; 2-4, minuto 39, Antoñito
Árbitros: Felipe Madorrán e Urdanoz Apezteguía. Expulsaron a Hamza (amarelas no 16 e 39). Amarelas para o local Pedro (31) e os visitantes Matamoros (13) e Jorge Bellvert (38)
Martes 8 de novembro
Aspil Vidal Ribera Navarra 2-4 Pescados Rubén Burela FS
FS Valdepeñas 4-2 Ríos Renovables Zaragoza
Levante UD FS 5-4 FC Barcelona Lassa
Catgas Energía 4-2 Movistar Inter
Noia FS 3-4 Magna Gurpea
Mércores 9 de novembro
Palma Futsal- ElPozo Murcia 20:00h
Gran Canaria FS- Peñiscola RehabMedic 21:00h
Bodegas Juan Gil Jumilla- Jaén Paraíso Interior 21:15h
Xornada 6
Os pupilos de Daniel Ibañes retomarán esta tarde os adestramentos pensando xa na liga. O venres pola mañá partirán con rumbo a La Salobreja para medirse o sábado ao Jaén Paraíso Interior (18.00 horas).
*Fotos: Prensa Aspil Vidal Ribera Navarra FS





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
