A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, o Concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña, o Presidente da Asociación Cultural Jazz Eo, Rafael Monteavaro, xunto a outros promotores, presentaron estes mércores no Concello de Ribadeo a V Edición do Festival Jazz Eo, co que colabora o organismo provincial cunha achega económica de 3.000 euros.
Esta nova edición celebrarase no Auditorio “Hernan Naval”, entre os día 2 e o 10 de decembro, o horario dos concerto serán ás 20:30 horas. Na programación deste ano haberá cinco concertos con sete bandas de jazz e blues, dos cales dous serán gratuítos e tres de pago.
García Bermúdez remarcou que “a Deputación colabora novamente con esta edición para contribuír a dinamizar a actividade cultural na Mariña. Ademais esta nova cita é unha boa oportunidade para promocionar a todos os niveis toda a Comarca e Ribadeo.” Sinalou ademais que estes días os amantes do jazz poderán desfrutar de concertos únicos, como Alejandro Vargas Trio; Prisco & Cherry; Michael Olivera Group; Oier Ponce Trio; En casa del Herrero; Blues Band; Julián Maeso, ou Shirley Davis & The Silverbacks.
Rafael Monteavaro explicou a importancia deste festival, que radica en que é o único de musica de jazz e blus en vivo nesta época do ano. E puntualizou que para Ribadeo é un privilexio ter un cita musical destas características, que esta ao alcance de todos. Por último agradeceu o esforzo e a colaboración das institucións, tanto ao Concello e a Deputación que promoven este proxecto, ademais de todas as entidades colaboradoras da vila.
Farruco Graña explicou que o Concello de Ribadeo aposta novamente pola cultura coa celebración desta V Edición. “Esta cita xa é un referente na provincia, ademais de converterse xa, nun elemento dinamizador socioeconómico da zona. Este festival é un excelente pretexto para visitar A Mariña e Ribadeo, paga a pena visitarnos”, resumiu.
Entrada a 10 euros e Bono de 25 euros
O prezo das entradas diarias é de 10 euros para cada concerto, pero existe un abono para os tres concertos de pago por 25 euros. Estas entradas e abonos xa están á venda na web www.codetickets.com, e na axencia viaxes Alandrina Tours, na rúa Reinante, 14 de Ribadeo.
Programación
– Venres día 2 decembro; Alejandro Vargas Trio, e Prisco & Cherry. Entrada de balde.
– Sábado 3 de decembro; Michael Olivera Group. Entrada 10 euros
– Martes 6 de decembro; Oier Ponce Trioe, En casa del Herrero Blues Band. Gratuíto.
– Xoves 8 de decembro; Julián Maeso. Entrada 10 euros.
– Sábado 10 de decembro; Shirley Davis & The Silverbacks. Entrada 10 euros.







Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



