Burela 5-1-17.O Pescados Rubén-Burela FS e Vista Alegre estrean este sábado o ano coa visita do titánico ElPozo Murcia FS, no segundo Día do Club da tempada; o encontro de Primeira LNFS abrirá a Tarde Laranxa ás 17.00 horas, que porá o broche ao dobre duelo galego-murciano ás 19.30 horas, coa cita de Primeira RFEF ante o Jimbee Roldán. O cadro de Daniel Ibañes medirase ao terceiro da táboa con escaseza de efectivos. No vestiario laranxa non estará Matamoros, que cumprirá o segundo partido de sanción tras a expulsión fronte a Aspil Vidal Ribera Navarra. Tamén serán baixa Jorge Bellvert -por rotura de fibras-; Cuco –por molestias nun xeonllo dende a semana pasada-; Isi -por unha contractura sufrida no partido de Zaragoza- e Antoñito -por un proceso vírico. Entrará na convocatoria O viveirense Sergio Cora, de A Fuga Xove FS.
“ElPozo non é un equipo da nosa liga pero soubemos facerlle fronte en campañas anteriores. Temos que soñar con algo bonito e traballar para poder plantarlle cara e chegar aos minutos finais con opcións de sacar algo positivo, sendo serios en defensa e evitando que se alimente dos nosos erros porque coa súa calidade e olfacto de gol vai saber aproveitalo, sen dúbidas”, explicaba o capitán laranxa Iago Míguez, que recibe 2017 con grandes desexos: “As miñas metas para 2017 céntranse en conseguir os obxectivos, afastándonos dos postos de descenso, e se podemos loitar por algo máis bonito benvido sexa. Tamén temos moita ilusión depositada na Copa do Rei, temos que afrontalo coas mellores armas posibles, con todos recuperados; unha final sería un soño para todos”.
Liga, Copa do Rei e Copa Galicia ocupan a axenda dos mariñáns no mes de xaneiro con 6 compromisos en menos de 20 días: “Son moitos partidos en pouco tempo e agora mesmo as lesións mínguannos bastante pero temos que pensar en positivo e sacar as cousas adiante. Temos que pulir detalles que nos están custando caro ata agora, somos conscientes diso e traballaremos arreo ata final de tempada” explicaba o 5 laranxa con optimismo.
A última sesión da semana será mañá ás 11.30 horas; despois adestrará en Vista Alegre ElPozo Murcia.
Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 2. Sergio Cora, 5. Iago Míguez, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 20. Miñano, 27. Renato, 30 Hélder
Convocatoria ElPozo Murcia FS: 1-Fede (porteiro), 5-Elías, 8-Andresito, 9-Bebe, 10-Álex, 12-Fabio (porteiro), 14-Fernando, 17-Raúl Campos, 18-Pito, 21-Marinovic, 26-Matteus, 28-Iván (filial)
Axenda de xaneiro
Sábado 10. Primeira LNFS: Pescados Rubén-ElPozo (Día do Club) 17.00 horas
Martes 10. Primeira LNFS: Levante-Pescados Rubén. 21.00 horas
Venres 13. Primeira LNFS: Palma Futsal-Pescados Rubén. 20.30 horas
Martes 17. Copa do Rei (semifinal de ida): Pescados Rubén-Magna Gurpea 21.00 horas
Venres 20. Primeira LNFS. Movistar Inter FS-Pescados Rubén (Día do Club) 21.00 horas
Martes 24. Copa Galicia: Cidade de Narón-Pescados Rubén. 19.30 horas























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
