Foz, 9 de xaneiro de 2017. A Biblioteca Pública Municipal de Foz acaba de fallar o Certame de Poesía de Nadal 2016, no que participaron numerosos alumnos/as dos colexios do Concello de Foz. A entrega de premios deste concurso e tamén do de postais será este xoves, día 12, ás 19 horas no salón de actos da Casa da Cultura.
Os premiados no Certame de Poesía de Nadal son:
CATEGORÍA A
Pablo García Martínez, 6 anos Joaquín Carrera Fernández, 6 anos
Daniela Freixo Forés, 6 anos
CATEGORÍA B
Lidia López Fernández, 11 anos Patricia Maseda Amil, 11 anos Adriana Fernández Geada, 11 anos
CATEGORÍA C
Daniel Barreiro Martínez, 14 anos Montse Lois Aparicio, 13 anos Lucía Rodríguez Lanza, 12 anos
Os premiados no XV Concurso de Postais Nadal 2016, que recollerán os premios o mesmo día son:
1º premio categoría infantil A – Carmen López Aguiar (6 anos) 2º premio categoría infantil A – Adrián Villapol Iravedra (5 anos)
1º premio categoría infantil B – Luis Montero Fernández (9 anos)
2º premio categoría infantil B – Cecilia de Jorge Otero (10 anos)
1º premio categoría xuvenil – Ayla Gordon Escobar (11 anos)
2º premio categoría xuvenil – Clara Franco Paleo (11anos)
Accésits: Luis Berdeal de la Barrera (6 anos), Bruno Rodríguez Docobo (10 anos) e Ayman Mustapha Rasouani Mansri (11 anos).
De entre os gañadores a postal elixida para representar ao Concello de Foz na súa felicitación institucional foi a de Luis Montero Fernández, de 9 anos. O premio especial ao colexio é por tanto para o Nosa Señora do Pilar.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



