Este martes entrará en servizo o primeiro treito lucense do corredor da costa, entre as localidades de Celeiro (Viveiro) e San Cibrao (Cervo). Está prevista que a inauguración corra a cargo do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e da conselleira de infraestruturas e Vivenda Ethel Vázquez
Esta nova vía, cunha lonxitude de 8 km e un investimento de 50 millóns de euros, optimizará as comunicacións da Mariña luguesa, dotando aos seus veciños de estradas máis seguras e confortables. Ademais a nova vía terá un impacto positivo no reforzo da competitividade económica e industrial de toda esta zona.
En particular, o novo corredor aliviará considerablemente o tráfico nas rúas de Xove, xa que retirará do centro desta localidade máis de 4.000 vehículos ao día e preto de 200.000 camións cada ano. Os condutores disporán dunha alternativa, cómoda, rápida e segura á estrada autonómica, LU-862, que empregan na actualidade nos seus desprazamentos.
No que se refire ás estruturas, a nova vía supuxo superar unha complexidade técnica importante, non só polas circunstancias orográficas, senón porque implicou a construción de tres enlaces coa LU-862, en Celeiro, Xove e San Cibrao; 5 viadutos, en Xuances, Guilán, Pedralvas, Coto e Rigueira; un paso superior e tres inferiores.