Xove 16-1-17. O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.
Unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal.
Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.
Os/as premiados/as no Concurso, foron:
1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º : (Nº 39) NOA MARTÍNEZ GARCÍA
2º : (Nº 4) PAULA SÁNCHEZ PERNAS
3º : (Nº 23) CARLA REY VALE
2º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º : (Nº 27) ALEJANDRO FLORES ESCOBAR
2º : (Nº 41) CARLA CASABELLA PUÑAL
3º : (Nº 19) CARLOTA EIJO RODRÍGUEZ
3º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º : (Nº 66) ENMA BUJÁN ROUCO
2º : (Nº 37) EDUARDO FLORES ESCOBAR
3º : (Nº 59) MIRIAM MEJUTO GARCÍA
4º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º : (Nº 17) JUDITH SUÁREZ AZOGUE
2º : (Nº 36) XENXO SALGUEIRO FRANCO
3º : (Nº 42) IAGO PÉREZ TEIJEIRA
5º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º a 4 º de ESO:
1º : (Nº 30) KEVIN CASTRO PIÑEIROA
2º : (Nº 29) CECILIA GARCÍA LÓPEZ
3º : (Nº 68) MARGARITA PARAPAR FERNÁNDEZ


















A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



