Alfoz 16-1-17. Ata o 25 de xaneiro pode visitarse na Casa da Cultura de Alfoz a exposición “Cartas de Amor” sobre a violencia de xénero. En horario de luns a venres de 16 a 20.30 e polas mañás en horario da cafetería, excepto os xoves.
Con esta exposición preténdese establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella, e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas.
Para iso propúxoselles a debuxantes que plasmasen nunha imaxe situacións ou momentos que considerasen como violentos entre adolescentes, co obxectivo de por de manifesto a necesidade de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella. Deste xeito, amósanse traballos dos dous premios nacionais de ilustración, Miguel Calatayund, e de cómic, Paco Roca, no ano 2009; así como figuras galegas, como Patricia Castelao, Pirusca, David Pintor e Óscar Villán. Tamén participan autoras e autores que están acadando grande éxito entre a xente máis nova, como Eva Vázquez, Javier Olivares, Primitivo, Sonia Pulido, Jack Mircala ou Sergi San Julián. Ademáis o escultor Méndez, a escritora Anxos Sumai e o deseñador Fausto, únense a esta mostra con tres achegas diferentes.
“Cartas de amor” invita a reflexionar, a escoitar o que os corazóns din, pero sempre pensando no respecto e na liberdade das persoas que están ao noso carón.
Por outra banda, mañá martes 17 de xaneiro terá lugar tamén na Casa da Cultura dous obradoiros sobre a violencia de xénero dirixidos aos alumnos de 2º, 3º e 4º curso do IES Alfoz-Valadouro.
Organiza a Concellería de Igualdade e Benestar xunto co Concello de Alfoz.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



