Burela 19-1-17. O novo técnico do Pescados Rubén Burela FS, Tomás de Dios López (Burdeos, 1965), foi presentado oficialmente esta mañá, acompañado polo presidente da entidade, Manuel Blanco, e o fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco. “Defensa, valor e compromiso”, así define Tomás de Dios os seus sinais de identidade e as do novo Pescados Rubén: “Quero transferir a miña identidade de equipo traballador, sacrificado, humilde pero tamén ambicioso, de equipo que vai ir ao límite en cada partido” explicaba o adestrador.
Manuel Blanco deu a benvida ao novo dirixente do banco laranxa, con contrato de dúas tempadas e media, co firme “propósito dun traballo conxunto para poidamos solucionar a complicada situación que atravesamos. Sempre tivemos os pés no chan, o noso obxectivo sempre foi a salvación, pero tamén esperamos un maior rendemento do equipo e por iso traballaremos todos xuntos, coa chegada de Tomás”.
O ex-seleccionador de Guatemala asume as rendas, confiando na capacidade de traballo e a unión do club para que o Burela FS poida vivir tempos mellores. “É unha situación atípica e delicada. O primeiro obxectivo é que a situación deportiva cambie co esforzo de todos os ámbitos, non só xogadores e corpo técnico, senón da parte administrativa, de xestión e directiva, que sexamos todos un equipo” explicaba o técnico, confesando a súa atracción e motivación polo proxecto galego: “A día de hoxe é moi difícil atopar un proxecto deportivo compatible, de feito cando saín de España uno dos motivos foi ese. Con Pescados Rubén síntome identificado; aquí hai un traballo de canteira, algo moi importante para min, un proxecto deportivo e unha institución que é un referente dentro da localidade. En todos os clubs que estiven sempre traballei coa base de forma comprometida, responsable e profesional, e de aí sempre saíron xogadores”. “Foi unha situación que se precipitou un pouco, pero tamén consensuada e meditada. Había un interese previo por ambas as partes e sempre houbo un bo entendemento. Veño a un equipo novo na máxima categoría co privilexio de que entro a formar parte do único club que ten equipos en Primeira masculina e feminina no panorama español. Detrás diso hai toda unha localidade; o fútbol sala é o deporte máis importante desta comarca e queremos buscar esas identificacións coa bancada” incidía así o ex-técnico de Autos Lobelle sobre a relevancia do fútbol sala laranxa.
Con Pescados Rubén Tomás volve á “mellor liga de mundo” para seguir medrando da man do conxunto burelista: “Veño de cumprir un soño; Guatemala deume a oportunidade. No noso deporte non hai olimpíadas, así que o soño era o mundial. Con todo, para min volver á liga española é fundamental. Son moi consciente e moi realista de que onde se segue progresando e aprendendo é nesta competición, por iso está considerada unha das ligas máis fortes do mundo”.
Estrea con Movistar e con Copa Galicia
O debut ás ordes de Tomás de Dios xa será mañá coa 17ª xornada de Primeira coa visita do titánico Movistar Inter FS (Vista Alegre, 21.00 horas). “É a cita máis complicada que se podería presentar. Ninguén querería enfrontarse a Movistar cun adestramento e medio de preparación, pero esa é a realidade; asumímolo con incerteza. A realidade é que Inter é superior, pero tamén sabemos que xogamos na casa e que teremos opcións de partidos; se neses momentos somos capaces de ser fortes mentalmente, buscaremos sacar algo positivo” reflexionaba Tomás de Dios antes do seu primeiro adestramento co cadro mariñán.
Catro días terá o novo Pescados Rubén para preparar a cita irmandiña, con Cidade de Narón, en cuartos (martes 24, 19.30 horas): “É unha competición que me encanta; tiven o privilexio de gañala 5 veces e de xogar 6 ou 7 finais. Eu considérome un pouco galego de adopción e sei o importante que é para os galegos. Ímola xogar con esa relevancia e co merecemento, que hai gañalo na cancha, de presentarnos nunha final” concluía o novo técnico laranxa.























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
