O intento (?) de traballar unidos os concellos mariñáns a prol da promoción turística, non é algo novo. O 23 de novembro de 1967, ha medio século ,no pleno do concello de Foz, dábase conta do escrito de O Vicedo, no nome dos alcaldes do litoral, interesando a constitución dun órgano para o fomento do turismo que formarían Ribadeo, Barreiros, Foz, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo. Os edís focenses aceptaron a proposta e a constitución da que se chamou “Mancomunidad Turística de la Costa Lucense,” designando representante na mesma ó alcalde Pepe Beltrán, que logo sería elexido presidente. Por aquelas datas este cronista cumpría funcións de corresponsal de prensa, o que facía que asistira ás reunións. Son moitos anos e pérdese a memoria dos feitos, pero aínda así, lembramos cómo era case imposible lograr que ás xuntanzas asistisen a totalidade dos membros; que maiormente carecían de ideas ou cómo afloraban a cada intre as actitudes localistas e irracionais ; e nesas estamos…¡nada novo hai baixo o sol!. Digamos que os concellos vivían unha auténtica penuria económica, con presupostos irrisorios; carentes de medios,o que moitas veces impedía materializar o proxecto mais modesto.
Estaban de moda os “slogans” que, con marchamo publicitario, dalgún xeito definían as distintas zonas: “Costa del Sol”, “Costa Brava”, “Costa Dorada”… A nosa sería, en adiante, “La Costa de Las Mil Playas”. A acción divulgativa foi tan pobre que apenas chegou a coñecerse, como ocorre con “Máxica por Natureza” 50 anos despois: o cronista soubo dela por adiantar pola estrada, en ocasións, o autocar de Morán que o lucía en senllos costados; non mais.
En tanto tempo pódese decir que os nosos políticos, aparte de ir a Fitur,”en longa riola”, como Curros Enriquez decía que os rapaces da escola seguían ó gaiteiro de Penalta, que a laboura quedou reducida ós insistentes anuncios (foguetes) de iniciativas que endexamais se consumaron. Evidencia que nos fai preguntar: “¿ Gobernantes ou fogueteiros?”.¿Ata cando haberá que facerse a mesma pregunta?…Porque en ¡¡50 ANOS!! os políticos, de toda índole e condición, que pululan polo territorio mariñán, e os que antes o fixeron, demostraron ata a saciedade, e demostran a súa incompetencia para unha mínima xestión turística; nen sequera para a creación dunha modesta infraestructura compartida, conducente á súa promoción…
A obsesiva debilidade dos políticos por “sair nos papeis” fai que aqueles, de tempo en tempo,aparezan nos mesmos, voceiros dalgunhas novas que parecen non ter mais obxetivo que o sinalado, porque a noticia quédase no enunciado e nunca se ve materializada, nen se sabe mais : son os fogueteiros dunha festa na que non soa outra música que o estoupido dos foguetes, nen outras luminarias que non sexan as dos fogos de artificio; e ao remate, ¡todos para a casa que isto acabouse…!.
Tal conducta, por habitual, fíxose norma; e os nosos rexedores, primeiros actores da comedia fraudulenta e inacabada, propia dun narcisismo político carente de todo rigor e de todo compromiso coa sociedade.Canto antecede, e moito mais, fica rexistrado nas hemerotecas: Un consorcio se hará cargo de la promoción turística de A Mariña (5-3-04).””Los ayuntamientos ultiman una asociación de desarrollo turístico(23.12.04). “Los concellos prometen agilizar la asociación mariñana para el turismo (7.10.05). La creación de una asociación con empresarios y concellos facilitarà la llegada de turistas (29.1.05). A Mariña y Occidente astur se unen para la desestalinización(12.10.05). Ayuntamientos harán un consorcio para el plan turístico Cantábrico Occidental(30-4-05). “La comarca ya tiene consorcio para desarrollar el turismo.La entidad funcinará cuando los 16 cncellos implicados aprueben los estatutos. (7.5.05). Viveiro, Ribadeo y Foz potenciarán el sector en el occidente astur(7.10.05). Los concellos mariñanos quieren dar un nuevo impulso a la promoción turística.(18.7.07).Campos de golf de Extremadura y Portugal servirán de modelo para la instalación local. Viveiro y Foz apuestan pr el Golf (31.1.04).El concello creará 4 rutas para fomentar el turismo: 2005 será el año de A Frouseira (26.8.04). Alcaldes y fundaciones acordaron crear un archivo fotográfico (7.10.05). Viveiro capitanea un proyecto de promoción de la zona con nuevas tecnologías (12.2.05). Turismo plantea otro Parador y campo de golf en A Mariña(6.10.07). Foz: auditorio, principal proyecto (9.8.90)..El tren expreso de La Robla, hará paradas en Foz (8.1.10). e así indefinidamente ,que 50 son moitos anos e aquí queda só unha mínima mostra da labor dos Político/fogueteiros. ¿ Qué credibilidade poden ter?. Xa o dixera o pintor Laxeiro: “qué terra mais fermosa, pero….¡ qué carallo de xente…!.”.




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



