Viveiro 10-2-17. A Delegación de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Viveiro convocan a II edición do Concurso de Fotografía Amateur “Traballos e Mulleres” para conmemorar o Día Internacional da Muller traballadora (8 de marzo).
A convocatoria rexerase polas seguintes Bases aprobadas por Resolución de Alcaldía do día 10 de febreiro de 2017 e publicadas no tablón de edictos do Concello, xunto coa presente convocatoria.
BASES
1ª.- O concurso estará aberto a fotógrafos/as aficionados, non profesionais, que desexen participar e sexan maiores de idade .
2ª.- As obras deberán ser orixinais. Non se aceptarán reproducións nin obras que amosen lendas ou marcas que podan interpretarse, a xuizo do xurado, como publicidade. Tampouco se admitirán fotografías que foran acreedoras de distincións ou premios en outros certames.
3ª.- O tema das fotografías deber ser a Muller e o Traballo en calquera ámbito (público ou privado), para visibilizar o papel feminino en todos os sectores da nosa sociedade.
4ª.- Presentación de UNHA OBRA por persoa participante, en formato dixital, cunha resolución mínima de 2480×1754 e 150 ppp, aínda que o tamaño ideal sería 4961×3508 e 300 ppp.
5ª.- As obras deberán presentarse nun sobre pechado consignando no seu exterior “Concurso de fotografía Traballos e Mulleres”, acompañado da seguinte documentación: ficha de inscrición-autoría cos datos persoais do autor ou autora (nome completo, dirección e teléfono) e CD que conteña as imaxes dixitais..
6ª.- Os traballos deberán presentarse ou dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres de Viveiro (Avda. Cervantes S/N – Claustros San Francisco. 27850 VIVEIRO)
7ª.- O prazo de recepción de orixinais no CIM empezará a partir do día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no taboleiro de edictos do Concello de Viveiro e finalizará na data que se estableza en dita convocatoria anual.
8ª.- Os premios correspondentes ás obras gañadoras estableceranse na correspondente convocatoria.
9ª.- O xurado estará composto por un grupo de persoas relacionadas coa área de cultura e profesionais da fotografía, que valorarán os traballos presentados, tendo en conta a calidade artística dos mesmos.
10ª.- Con motivo do Dia Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo) o Concello de Viveiro montará unha Exposición coas obras presentadas e, no momento da clausura de dita Exposición, darase a coñecer a obra gañadora.
11ª.- As imaxes participantes quedarán en propiedade do Concello de Viveiro. As persoas participantes autorizan ao Concello de Viveiro para a exposición, publicación e difusión das súas obras (sempre mencionando ao autor/a), sen limitacións temporais, xeográficas ou de medios.
12ª.- Os/as autores/as deberán contar coa autorización das persoas fotografadas, así como dos dereitos de terceiros.
A organización declina toda responsabilidade que puidera derivar da non obtención dos permisos e autorizacións correspondentes.
13ª.- A organización reservarase o dereito de facer as modificacións oportunas que poidan contribuír ao mellor desenvolvemento do concurso.
14ª.- A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases, das decisións do xurado, e a renuncia a calquera reclamación. O xurado poderá deixar deserto o premio se o considerase oportuno.
O PRAZO de presentación dos traballos será ata o 24 de febreiro de 2017.
Os premios, que se outorgarán consistirán en:
-1º premio: 150 €
-2º premio: 50 €
-3º premio: 50 €
Para máis información, dirixirse ao CIM Viveiro ou nos telefonos 982 55 04 21 – 982 56 21 49





















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.