Alfoz 3-3-17. A agrupación de Veciños Independentes de Alfoz comprácese do comezo das obras da rede de camiños secundarios na zona de concentración parcelaria das parroquias do Pereiro e As Oiras, aínda que recordan que dito proceso de concentración foi iniciado en xullo de 1996, polo que solicitan da Xunta que dean a maior celeridade posible a esta fase para obter a firmeza do acordo de concentración e se proceda á entrega dos títulos.
Recordan que os traballos que se están a levar a cabo permitirán a execución dos camiños secundarios de acceso ás novas fincas de substitución cuxa toma de posesión provisional se producía en febreiro de 2010, feito este que impedía a entrada a algunha das fincas resultantes.
Desde VIA laméntanse ademais de que as obras, que foron encomendadas á empresa pública SEAGA e que teñen un prazo de execución de 12 meses, fosen iniciadas sen algunha das autorizacións sectoriais necesarias, polo que instan a que desde a administración autonómica sexan dilixentes coa súa tramitación.
Veciños Independentes de Alfoz agradece o interese mostrado polo Delegado Territorial da Xunta, aproveitando a súa visita ás obras para transmitirlle as impresións da agrupación respecto a este proceso concentrador a través de Xabier Pardiñas, representante de VIA no goberno municipal.
A agrupación independente agradece o recente compromiso da Xunta a dar un novo impulso ás concentracións parcelarias e diversificar así as oportunidades no rural, polo que pide que este compromiso se converta en realidade non só na parcelaria de Pereiro-Oiras, senón tamén na de Val de Alfoz, que se atopa tamén en proceso aberto á espera da resolución das alegacións, e que no pasado mes de febreiro cumpriu 21 anos desde o seu inicio.










A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



