Ribadeo, 3 de marzo de 2017. Apertura de xuízo oral contra Ramón Fraga Martínez, tesoureiro da actual directiva do Real Club Náutico de Ribadeo, por falso testimonio. O delito teríase cometido nunha vista celebrada en xullo de 2015 en Lugo no marco dos litixios que a entidade mantén coa anterior directiva. Requírese desde o xulgado de instrución nº 2 de Lugo a Ramón Fraga unha fianza de 1.600 euros para asegurar as responsabilidades pecuniarias que se puidesen impoñer.
Nesta causa o Ministerio Fiscal solicita para Ramón Fraga un ano de cárcere e multa de 4 meses cunha cota diaria de 10 euros con responsabilidade persoal subsidiaria en caso de impago e inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena. Pola súa banda a acusación, que exerce o ex secretario do RCNR Fernando Vázquez Orge, pide dous anos de cadea e multa de 6 meses con cota diaria de 60 euros, con responsabilidade persoal subsidiaria en caso de impago dunha día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias ou fracción non satisfeitas. Para o caso de condena polo delito previsto no artigo 460 do Código Penal “procede impoñer ao acusado Ramón Fraga Martínez, pena de multa de 12 meses con cota diaria de 60 euros, con responsabilidade persoal subsidiaria en caso de impago dunha día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias ou fracción non satisfeitas”, recolle o auto do xulgado de instrución nº 2 de Lugo.
Nas dilixencias previas o fiscal formula como provisionais algunhas das seguintes conclusións. Di que Ramón Fraga Martínez acudiu como testemuña a un xuízo celebrado en Lugo en xullo de 2015 no que o demandante era Fernando Vázquez Orge e o demandado o Real Club Náutico de Ribadeo. Nesa vista o tesoureiro do RCNR “manifestó no tener enemistad manifiesta con el demandante, negando haber interpuesto hasta en dos ocasiones querella contra Vázquez Orge, pese a figurar como querellante en dos procedimientos incoados por el juzgado de primera instancia e instrucción n º 2 de Mondoñedo. Preguntado si la reforma del reglamento de régimen interno del RCNR se llevó a cabo previamente a la adopción del acuerdo de incoación del expediente disciplinario contra Vázquez Orge, respondió que no, pese a que tal reforma fue acometida el día 19/09/2013, incoándose expediente disciplinario contra Orge el 24/10/2013. Preguntado por el Ministerio Fiscal manifestó que solo se habían incoado expedientes disciplinarios contra el anterior presidente, secretario y tesorero de la anterior junta directiva, pese a constar que se incoaron contra todos los componentes de la anterior junta directiva, bajos los múmeros 1 al 14, del año 2013 y que posteriormente fueron declarados nulos. Interrogado acerca de la embarcación denominada LY manifestó desconocer en qué estado se encontraba, cuando se hallaba atracada en el puerto deportivo de Ribadeo, pese a la notoriedad del estado de abandono, ruina y riesgo de hundimiento, hecho conocido por todos los socios, por manifestaciones de su propietario y así resultaba del documento aportado como nº 16 por el RCNR de cuya directiva forma parte”.
Conclúe o fiscal que “el acusado al deponer en el acto de juicio lo hizo faltando manifiestamente a la verdad y de manera intencionada. Los hechos narrados son constitutivos de un un delito de falso testimonio”.
O ex presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Mario Coto, declarou esta mañá que “isto é o principio do que vai suceder a continuación porque máis adiante por falso testimonio irán outros directivos, inclusive algún dos que xa non están na directiva, e algún empregado do club”.
Coto subliñou que “todo isto que é farragoso e de mal gusto, orixinouno Acuña porque nun momento dado dixo, e está escrito nun medio de comunicación, que isto había que dilucidalo en sede xudicial, pois en sede xudicial estase dilucidando e aclarando, e os xuíces que ven que hai indicios de que estes señores mentiron nas súas declaracións, ou este señor mentiu nas súas declaracións, ábrelle xuízo oral para declarar. Xa veremos en qué para. En principio ten que poñer unha fianza de 1.600 euros e despois pídelle o fiscal unha pena condenatoria de 1 ano e non sei cantos meses de indemnización a raíz dunha cantidade que poñen, que xa o xuíz dirá se iso corresponde a esa sanción ou non”.
O ex presidente do RCNR dixo: “a min paréceme particularmente unha loucura onde Acuña meteu aos seus directivos. Non me parece ben. Aínda que eu son unha persoa prexudicada neste tema, a min non me parece ben que metera aos seus directivos aí neste tema porque é enganalos. Tamén é verdade que o que se deixe enganar é problema de el, non hai outra dúbida que iso é así”.
E engadiu: “as contías séguense sumando contra o club economicamente porque acaba de chegar do Supremo, do xuízo que perderon contra o ex secretario, Fernando Vázquez Orge, unha contía de preto de 5.000 euros, hai outra contía sobre 4.000 euros da Audiencia e despois está a contía do club dos avogados e dos procuradores. Isto é un despropósito total. Acuña non quere aclarar ante os socios na barrabasada onde está metido. Din os políticos que cando se abre o xuízo oral hai que presentar a dimisión, e eu unha vez máis pido que dimita o presidente e toda a directiva do Club Náutico de Ribadeo”.