Ribadeo, 17 de marzo de 2017. O Concello levará a cabo obras de mellora no aparcamento da Rosalía de Castro. Estes traballos darán comezo o vindeiro luns, 20 de marzo, e mentres tanto habilitaranse uns terreos situados a carón da estación de autobuses. Anunciouno esta mañá o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor quixo “dar un aviso de colaboración para toda a veciñanza porque a partir deste luns, desde ás oito da mañá, pretendemos que quede cortado este aparcamento que hai en Ribadeo moi céntrico, na avenida Rosalía de Castro ao pé do supermercado Gadis, que estamos utilizando o Concello de Ribadeo desde hai tempo. Aínda que non é un aparcamento público municipal, os terreos non son públicos pero están cedidos, e agora vimos de renovar ese convenio cos seus propietarios cando menos durante un ano máis”.
Fernando Suárez Barcia dixo que “agora queremos, atendendo a multitude de fochancas e do moito po que se produce co vento, facer unha compactación de todo en xeral, con zahorra estabilizada e reparar a entrada que está bastante deteriorada”.
O alcalde contou que “durante uns días non vai estar accesible para ninguén, temos que facer uns traballos que esperemos que nos leven o menor tempo posible, confiamos en que para Semana Santa estea operativo para todo o mundo. Mentres tanto conseguimos a autorización amable tamén, que valoramos moito, dos propietarios duns terreos situados ao final da avenida Rosalía de Castro, pasando a estación de autobuses, para que poidamos utilizar eses prados tamén como aparcamentos. Xa son utilizados en momentos puntuais da época estival, pero agora tamén nos autorizan a que o fagamos circunstancialmente e é algo que tamén agradecemos”.
Fernando Suárez engadiu que “valoramos que a xente entenda que durante uns días non vai poder aparcar neste aparcamento céntrico da avenida Rosalía de Castro. Debemos lembrar tamén que este tipo de aparcamentos cedidos en precario, aínda non sendo de titularidade municipal, resolven un problema de aparcamento importante. De feito temos estes convenios asinados con outros propietarios da rúa Lazurtegui, da avenida de Galicia ou mesmo na rúa Pintor Fierros, sen prexuízo que estamos en negociacións con novos puntos para facilitar que en tanto non se constrúa, eses solares poidan ser utilizados polo público en xeral para aparcar os seus turismos”.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



