Compostela 4-4-17. “Estamos observando que dende o PP se está a comprometer solucións a conflitos políticos a costa dos galegos e galegas”.
No recente debate de financiamento e no do conflito catalán vemos como un presidente do estado, galego, usa na mesa de negociación recursos que por dereito son de Galicia. A posible localización da axencia europea do medicamento pode ir para outro lugar co beneplácito do goberno da Xunta, cando xa fai tempo se lle prometera a Galicia. No capítulo das inversións o único salientábel e o Ave que conecta o País con España, nada máis. Séguese a desaproveitar a situación xeográfica de Galicia, para convertela nun nó estratéxico de comunicacións . Non é de recibo.
“Mais dende CxG sabemos que isto responde a crenza do PP de que poden facer o que queren en Galicia. Pedimos á sociedade e axentes sociais que respondan a esta situación que vai atrasar Galicia outra década”, sinalou o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro.
O lider galeguista afirmou para rematar que “a causa final é que o Presidente da Xunta é un APOUCADO na defensa do noso, xa que administra Galicia pensando en xestionar España no futuro. Non todo e valido Sr. Feijoo, Galicia non pode ser moeda de cambio, o que é de dereito non se negocia, a solidariedade Galega está máis que probada, é chegada xa a hora de poñer este País no lugar que corresponde.
















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



