Foz 10-4-17. A asociación cultural A Pomba do Arco vai organizar a segunda edición da súas Xornadas “Sentirmos a Arte”, no marco do Mes das Artes Plásticas da Mariña, na que se recolle una chea de actividades dos artistas plásticos mariñáns, e na que se pode visitar no Cenima de Foz unha exposición de Adri Pardo, Carmen Llonin,Pilar Rei, Lucía Catuxo, Zili Katova,Cris Basanta, Lucía Vila, Eva Rivas,Alicia Puchades e Renata Otero.. A asociación focega realiza unha serie de mesas de debate na que se abordará, como tema principal, o estado actual da arte e que se desenvolveran entre os días 18 e 21 de Abril ás 20.30 horas no salón de actos do Cenima de Foz.
Primeira charla: O oco que non acouga.
O martes 18 de Abril ás 20.30 comezará esta actividade coa intervención de Jorge Salgado Cortizas, arquitecto pola ETSA de A Coruña recibiu diversos premios de arquitectura e de proxectos, participando coa súa obra en diversas exposicións como a Bienal de Venecia 2000, Galicia XXI Architecture Washington 2.004 ou Avance Dunha Continxencia CGAC Santiago de Compostela 2007. Unha vez rematado o relatorio abrirase paso a un debate sobre a mesma no que os asistentes poderán formular ao poñente as preguntas que considere oportunas e debaterase entre os presentes sobre a técnica, a disciplina e as funcionalidades do seu traballo.
Segunda charla: A muller e a arte da resistencia.
O mércores 19 ás 20.30, terá lugar no Cenima a segunda das charlas debate. Nesta ocasión contaremos con Mercedes Rozas, licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Historia da Arte Moderna e Contemporánea, membro do Padroado do Museo do Pobo Galego e recoñecida e crítica de arte, colaborando nos últimos anos con diversos medios de comunicación. Mercedes Rozas, autora tamén da introdución do catálogo da exposición do “Mes da Arte da Mariña”, destacase no ámbito do comisariado expositivo, sendo a responsábel, entre outras, das exposicións de Carlos Maside, Xulio Maside ou Camiño de Volta, celebrada en 2016 na Casa da Parra.
Terceira charla: A fotografía como xogo creativo.
O xoves 20 ás 20:30 terá lugar no Cenima a terceira das charlas debate. Nesta charla contaremos coa presenza da mariñao Daniel Rio “Caxigueiro”, un dos artistas plásticos máis destacados da súa xeración en Galiza. Caxigueiro, coñecido polos seus traballo no ámbito da cerámica e das instalacións, tense achegado nos últimos anos no campo da fotografía artística, sendo precisamente esta faceta da súa labor creativa a que vai dar coñecer no seu relatorio. A palestra irá acompaña dunha proxección e explicación dalgunhas das súas fotos, onde están presente os elementos procedentes da natureza e da cotideanidade.
Cuarta charla: O noso audiovisual.
O venres 21 ás 20:30 terá lugar no Cenima a cuarta das charlas debate. Nesta ocasión o creador convidado será Olga Osorio Iglesias, fotografa e cineasta vinculada familiarmente á Maruña de Lugo e de xeito moi particular a Santo Acisco do Valadouro. Olga Osorio e unha recoñecida directora galega, merecedora de premios de tanto relevo como o Mestre Mateo, en repetidas ocasións, e no ámbito internacional o cine globe de CERN en Suiza ou o Cortisoni en Italia, estes dous últimos coa curta “Eistein-Rosen”.
A Pomba do Arco quere convidar a toda aquela persoa que se interese un pouco pola arte mariñán a participar nesta interesante actividade que como xa dixemos terá lugar entre os días 19 e 21 de abril ás 20.30 no Cenima de Foz.










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



