Lugo, 26 de abril de 2017- O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, presidiu esta mañá a reunión da Comisión provincial de Tráfico e Seguridade Vial na que se presentou e analizou o balance de sinistralidade correspondente ao ano 2016, que reflicte un repunte de vítimas mortais nas estradas lucenses con respecto ao ano anterior.
Así, en 2016 houbo que lamentar nas vías interurbanas da provincia un total de 25 accidentes mortais nos que faleceron 27 persoas, o que supón 10 vítimas máis que en 2015. A pesares dese repunte no número de falecidos, o certo é que ao longo da última década a sinistralidade mantén unha tendencia á baixa nas estradas de Lugo.
EVOLUCIÓN VÍTIMAS MORTAIS EN VÍAS INTERURBANAS
ANO LUGO GALICIA
2000 80 380
2006 59 265
2007 55 254
2008 49 193
2009 34 186
2010 31 179
2011 32 144
2012 25 117
2013 10 98
2014 29 110
2015 17 91
2016 27 106
No que vai deste ano, rexistráronse catro falecidos en sinistros nas vías interurbanas lucenses, oito menos que no mesmo período do ano anterior. Estes datos sitúan á provincia á cabeza de España en canto a baixada do número de accidentes mortais na presente anualidade.
OS SINISTROS
Na xuntanza desta mañá, a xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero, fixo unha análise pormenorizada dos accidentes mortais rexistrados na provincia ao longo do pasado ano. Neste senso, lembrou que máis do 85% deses sinistros mortais se rexistraron en vías convencionais (con 23 falecidos) e o resto en autovías. En canto a o tipo de accidente, a meirande parte dos sinistros mortais foron saídas de vía (con 14 vítimas), seguidos das colisións frontais (6) e as colisións laterais ou frontolaterais (4). Boa parte dos falecidos viaxaban en turismo (18), seguidos dos que viaxaban en furgonetas (3) e motocicletas (2). No encontro subliñouse que o ano pasado non houbo que lamentar ningún atropelo mortal nas vías interurbanas lucenses.
Entre outros datos, a Comisión lembrou tamén que as causas máis habituais dos accidentes rexistrados en Lugo durante o pasado ano foron a conducción distraída e o exceso de velocidade, ademais de amosar a súa preocupación porque 6 das 27 vítimas mortais, non facían uso do cinto de seguridade.
CONDUTORES E CAMPAÑAS DE CONCIENCIACIÓN
A provincia de Lugo conta con máis de 6.400 quilómetros de rede viaria de distinta titularidade. En canto ao censo de condutores -segundo os datos da Xefatura provincial de Tráfico- a decembro de 2016 había vixentes 215.843 permisos e 797 licenzas (as licenzas permiten conducir vehículos para persoas con mobilidade reducida ou vehículos especiais autopropulsados agrícolas, por poñer algúns exemplos).
No tocante ao parque de vehículos, na provincia están matriculados 267.090 vehículos convencionais. Deles, o 72,7% son turismos, o 15,5% furgonetas e camións, o 6% motocicletas e o 2,1% remolques.
A Comisión de Tráfico e Seguridade Vial deu conta tamén hoxe dos resultados das campañas de control e vixianza programadas pola Dirección Xeral de Tráfico (DGT) e desenvolvidas durante o ano pasado en Lugo. É o caso das campañas de control de velocidade, de vixianza en estradas convencionais, de control de alcohol e drogas, do uso do cinto e dos sistemas de retención infantil, ou das campañas de prevención de atropelos.
INTEGRANTES DA COMISIÓN
A Comisión provincial de Tráfico e Seguridade Vial é un órgano colexiado, de carácter consultivo, que se convoca co obxectivo de analizar os datos de sinistralidade na provincia ao longo dun período, así como para estudar posibles medidas a executar co ánimo de reducir o número de accidentes e de falecidos nas estradas. A Comisión está integrada por representantes de distintos organismos da Administración do Estado, a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e a Fegamp, con competencias en materia de seguridade vial, sexa como titulares das vías ou como responsables da vixianza e a xestión do tráfico.
Na xuntanza desta mañá participaron, ademais do subdelegado do Goberno, a xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero; o xefe do Subsector de Tráfico da Garda Civil, José Miguel Martínez Suárez; o xefe da Unidade de Estradas do Estado na provincia, Héctor Presas; o xefe territorial de Presidencia da Xunta de Galicia, José Manuel Rozas; o enxeñeiro do Servizo de Vías e Obras da Deputación Provincial, Fernando Planas; e o xefe da Policía Local de Lugo, Manuel Méndez, entre outros.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



