Lugo, 28 de abril de 2017.O Presidente, Darío Campos Conde, informou este venres que a Xunta de Goberno iniciou a contratación do Movémonos, o programa deportivo, saudable e social da Deputación. Campos Conde destacou que “retomamos o Movémonos da Deputación, ao que destinamos 119.000 euros para este ano e o 2018. Incorporamos a este contrato cláusulas sociais en defensa dos traballadores e das persoas con capacidades diferentes. Deste xeito, o adxudicatario deberá contratar a un mínimo de 14 profesionais que non poderán recibir menos de 15 euros por hora de traballo”.
“Isto supón que melloramos as súas condicións salariais con respecto ao convenio do seu sector que é o de instalacións deportivas e ximnasios. Este implica 6 euros por hora e nos establecemos 15 euros por hora”, destacou.
Serán case 8.000 horas de actividades dirixidas a asociacións de todos os Concellos da provincia con menos de 5.000 habitantes, ou a colectivos con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social dos 67 municipios.
O Titular Provincial apuntou que “queremos deste xeito e como vimos facemos, favorecer o rural da provincia e a igualdade de oportunidades, dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas, rural e social”.
No Movémonos poderán participar máis de 80 colectivos aos que o Goberno Provincial financia, na súa totalidade, clases de ximnasia ou mantemento, entre outras. É dicir, as accións terán custe cero para os seus participantes. O ano pasado, participaron outras tantas asociacións con 1.300 veciños.
Melloras en dotacións públicas
A Xunta de Goberno aprobou novas obras de mellora en dúas estradas provinciais no Concello de Ribas de Sil. Son o acondicionamento dun treito de case 900 metros na LU-P-5301; e de 350 metros na LU-P-5303.
Actualmente, o Goberno da Deputación está a arranxar a LU-P-5303. De feito, estas novas obras poden facerse grazas ás melloras presentadas pola adxudicataria, que permiten completar o arranxo da LU-P-5303, de San Clodio por Torbeo; e acondicionar un treito da LU-P-5301. O orzamento destes novos traballos inclúese dentro dos case 360.000 euros, que xa achegamos ás obras que estamos a executar na LU-P-5303.
A Xunta de Goberno aprobou a ampliación do prazo de execución de obras no Concello de Mondoñedo a petición deste municipio. Trátanse dos traballos de rehabilitación da casa museo de Álvaro Cunqueiro, que contan con 308.000 euros da Deputación.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



