A Mariña, 9 de maio de 2017. O presidente da Mancomunidade de Municipios de A Mariña, Alfredo Llano, solicitará á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que se inclúa aos concellos mariñáns nas xuntanzas nas que se debate sobre o futuro da liña ferroviaria entre Ferrol e Ribadeo.
Alfredo Llano manifestou: “me alegro moitísimo de que houbera unha reunión con Ethel Vázquez sobre cómo está agora mesmo a situación do tren, do antigo Feve, pola nosa comarca. Imos tratar de solucionar unha cuestión que me parece importante que é a presenza dos concellos da Mariña, polo menos polos que pasa o tren, que debemos estar presentes nesas reunións”.
O presidente da Mancomunidade anunciou que “vou falar con Ethel Vázquez para que nos inclúa aos representantes da comarca da Mariña, para poder formar parte das reunións que están a facer. Onte estiveron practicamente os da Coruña, Mañón e incluso O Vicedo non foron citados, foi soamente Viveiro de representante da Mariña e supoño que se o tren é desde Ferrol ata Ribadeo algo teremos que dicir e saber o resto dos concellos”.
Llano engadiu que “faremos unha petición formal. Imos facela inmediatamente a Ethel Vázquez para que nos teña en conta para as seguintes reunións e nosoutros tamén queremos saber, aportar e dalgunha maneira estar aí para solucionar todo o que respecta ao servizo do tren do antigo Feve pola nosa comarca”.
O presidente da Mancomunidade considera que “é un servizo básico, que se debe seguir apostando por el e hai que potencialo, e polo tanto supoño que teremos algo que dicir e queremos dicilo onde se poida e sirva para algo. Nosoutros xa temos dito moitas veces que hai unha serie de proxectos, programas e boas alternativas para a nosa comarca como poden ser os trens turísticos, a carencia de trens que aumentara un pouco máis e ter un servizo de primeiro orde para poder aportar solución no desenvolvemento global da nosa comarca”.
Alfredo Llano subliñou que “faremos esa petición para que nos inclúan porque cremos que non soamente é xusto senón necesario”.