Burela 25-5-17. Dende a Asociación de Veciños “O Vencello” queremos, unha vez analizada a información que estes días saía na prensa e en varias reunións cos veciños e comerciantes afectados polos cambios realizados na sinalización e asfaltado da Avda. Arcadio Pardiñas de Burela, en primeiro lugar, invocar o DIÁLOGO por ambas partes, Goberno Municipal e Veciños, porque cremos que é a única forma de poder darlle unha solución a este tema.
Dito esto, queremos manifestar dende a Xunta Directiva que en xeral entendemos que a Avenida Arcadio Pardiñas necesitaba dunha actualización, ¿de que xeito?, eso serán os técnicos e os xestores do tráfico e as normativas os que o teñan que decir, amén do Goberno Municipal pensando no mellor para o comercio e os cidadáns afectados por tales decisións, pero tamén pensamos que cando se trata de facer un proxecto desta magnitude e que afecta a tantos veciños e comercios, así como á propia estructura do pobo, debería contar, polo menos, cunha información e presentación pública, donde se podan ver tódalas afectacións que dito proxecto pode ter. Si tratamos de facer un pobo mellor, como non imos contar coa opinión dos veciños, parécenos fundamental, e neste caso non se fixo nada diso. Non estamos dicindo que as cousas teñan que facerse como din os veciños ou os comerciantes, nin que o equipo de goberno non teña que tomar decisións, que para eso os elixeu o pobo, pero entendemos que este proxecto debería presentarse públicamente e terse feito reunións cos afectados para plantexar algo desta envergadura, que pode condicionar o día a día e a economía do noso pobo.
Todos queremos un pobo máis dinámico, menos contaminado, máis bonito urbanísticamente falando e cun comercio local forte, onde a xente poda moverse de forma sinxela e áxil pero tamén queremos que o noso pobo estea vivo e para iso hai que facilitar o movemento do noso comercio. Si o que facemos e poñer trabas a esa circulación de xente, tanto veciños residentes como os vidos de outras localidades limítrofes, entón estamos indo na dirección equivocada. Todo isto foi provocando unha crispación que para nada beneficia a ninguén, todo o contrario, está a perxudicarnos non só agora senón en expectativas futuras de proxectos que polo momento, de boca en boca, van insinuándose por parte do goberno local. Xa non sabemos si é para ver como respiran os veciños ou si hai unha fundamentación real detrás. Peatonalizar os pobos, ou a lo menos partes deles, pode quedar estéticamente moi bonito e seguro que ten beneficios para os veciños e os comercios en determinados casos, pero é algo que ten moitos puntos a analizar antes de ser levado a cabo, sobretodo si o habilitar zonas peatonais implica desdoblar vías de senso único a doble senso co que se provocaría maior caos de tráfico, menos aparcamientos e maior perigosidade para os cidadáns. Temos implicacións nos desprazamentos e accesos dos veciños ás súas propias vivendas e garaxes, así como a afectación ás prazas de aparcamentos e movementos do tráfico rodado por dentro do pobo, atascos e como non, a seguridade dos viandantes; e para iso no Vencello consideramos fundamental os estudios previos e a información a tódolos implicados. Ese debate é moi necesario.
Por iso, non entendemos a posición do goberno local de impoñer sen expoñer previamente nada do que este proxecto ía ser, e “ESTAMOS, SIN CONSIDERACIÓNS POLÍTICAS, NO APOIO A OS VECIÑOS E O COMERCIO LOCAL E Ó DIÁLOGO” posto que entendemos que neste caso son os máis prexudicados e desvalidos posto que se están a realizar actuacións que lles afectan directamente sen telos realmente en conta.
Agora atopámonos con que se están a facer remendos para intentar paliar parte da crispación xerada, habilitando zonas extra de aparcamento e carga e descarga cando si houbera diálogo teríase feito dende un principio, e de paso repintar algún que outro cebreado que está pintado ó reves, evitando todo este follón, que consideramos a todas luces INNECESARIO, amén de provocar discrepancias entre os propios veciños, cando deberíamos favorecer o entendemento entre todos. Si había un proxecto realizado pola oficina técnica e presentado á Comisión de Goberno e aprobado, non entendemos que á hora de executalo non se faga da mesma forma que está redactado, sen embargo agora remendamos determinadas cousas. Non sabemos tamén as consecuencias que pode ter esta decisión de executar actuacións diferentes ás contempladas no proxecto, á hora de xustificar o gasto realizado en base a unha axuda ou subvención da Deputación Provincial, pero iso terá que defendelo quen o fixo.
Queremos tamén dende o Vencello manifestar o noso desagrado ó ver que a Avda. Arcadio Pardiñas mermou uns cantos metros posto que zonas como o Correo Vello quedaron sin actuación algunha, debe ser que ahí empeza Cervo, cando ademáis e unha zona que a nivel de asfaltado está moi deteriorada, moito máis que algunha das partes nas que se actuou; deixando tamén sin actuación o tramo dende a altura da Rúa de Ril (Moreda) hacia a saída de Burela, onde debe empezar o Concello de Foz.
Estamos a falar da implicación de moitos veciños e comercios en todo este proxecto, que pode condicionar o futuro do noso pobo en moitos aspectos, polo que o Vencello ponse a disposición tanto dos veciños como do goberno local para axudar en todo o que poda para lograr consensuar ésta e outras futuras actuacións que afecten ó noso pobo e os nosos veciños, e pedimos que se fagan as manobras pertinentes para encauzar esta situación polo ben de todos.
De ahí o título desta nota de prensa “Imposición sin exposición non debería ser”, a lo menos así o consideramos no Vencello para proxectos dunha magnitude grande, como é o caso, e dunha implicación en tantos aspectos nun pobo de 10.000 habitantes como é Burela.




















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.