Viaxando pola Costa Lucense fácil é saber, mesmo sen coñecela, cando se chega á vila mariñeira e industrial de Burela: as altas chimeneas das súas industrias; o constante ir e vir de obreiros e medios de transporte das diversas empresas e, sempre a sirena dun buque á altura da carismática “pena Burela”, xemelga da nosa “do Altar”, son matices que delatan o lugar.
Burela , fermosa vila alzada sobre o duro pedestal do traballo cotiá dos seus moradores, fai un alto no contínuo laborar para festexar ós que son os seus excelsos Patronos, a Virxe Nosa Señora do Carme e San Xoan Bautista. Os homes burelese – sol, brisas e iodo nas facianas, por uns días esquecerán as duras faenas do mar para honrar a Aquéles que por eles velan nas difíciles singraduras, nos que iles confían.
1.Co mesmo afán; con idéntico entusiasmo e igual esperanza con que enfilan as proas das súas boniteras mar adentro, os bureleses lobos de mar vivirán estes días de festa en terra, porque en tódalas actividades, en tódolos quefaceres poñen sempre o corazón.
Burela é sempre e, de xeito especial nestes días, parada e fonda. Porque alí, onde todo é traballo, contínuo laborar; onde, como diría “Alvaro Paradela”, “cheira a pan”, desvía un anaco a que é a súa mais significativa traxectoria colectiva para abrir as súas portas de par en par. O carácter acolledor das súas xentes; o programa engaiolante das festas, o seu exquisito marisco,¡e como non!, a fermosura das súas mulleres, reclaman a nosa presencia e nós ,fieis á tradición, e amantes da “dolce vita”, acudiremos estes días a Burela, vila veciña e amiga á que admiramos e queremos. “Mariñeiros de Burela… ¡avante sempre!”.Publicado en A Rapadoira xuño 1962. Hai 55 anos.
—————————————————–
A revista, voceiro da S.C. Pena da Rapadoira que foi, durante un decenio, centro social e cultural do pobo.Publicación mensual, sacou á rúa, no ano 62, período da súa existencia, dez números; o derradeiro dedicado especialmente a un tema motivo de moita polémica: sí ou non á celulosa que se pretendía instalar en Fazouro. A redacción fixa, formábana: Pepe Beltrán; Luis Cordeiro; Angel Niñe Fraga; “Sinxelos”; Olimpia Pérez”; Mario López Couto;Pedro del Riego; Julio Ballesteros; Nós; Pepe Marful; “Jhonni” ; Lujilde, dende terras de Monegros; AlfonsoToimil; “Charín”; Eliseo Oroza, dende Madrid; Rufina Solveira;
Colaboradores: E. Chao Espina; Paco Jaureguizar; Lalo Veiga, dende Alicante; Jorge Víctor Sueiro, dende A Coruña; Daniel Hortas , dende Ourense; Alvaro Cunqueiro, dende Vigo; Xermán López Cao,dende Liberia- Suso Fernández (Director) VINDOIRO.


















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



