Mondoñedo 28 de maio de 2017.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo lembra que está aberto o prazo de solicitude das subvencións destinadas a financiar os gastos derivados das actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas dentro do ámbito definido da Área de Rexeneración e Renovación Urbanas do Casco Histórico de Mondoñedo e Barrios Históricos de San Lázaro e Os Muíños.
O Boletín Oficial da Provincia do pasado xoves 18 de maio publica as bases que regulan esta convocatoria, que se desenvolve ao abeiro dos acordos da comisión bilateral asinados entre o Ministerio de Fomento do Goberno de España, o Instituto Galego da Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo. As citadas bases establecen un prazo de dous meses para a presentación de solicitudes contados dende o día seguinte á publicación no BOP , é dicir, quen o desexe pode solicitar estas axudas ata o vindeiro 19 de xullo.
Neste eido, a alcaldesa pon en valor a importancia destas axudas dado a necesidade de manter “en bo estado de conservación a nosa cidade” ao tempo que explica que as bases desta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, establecen como beneficiarios os propietarios únicos de edificios de vivendas, as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e os consorcios e entes asociativos de xestión.
En canto ás actuacións subvencionables, as bases regulan a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención en edificios e vivendas, instalacións fixas e equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos á normativa vixente. Poderán acollerse tamén ás axudas as actuacións xa iniciadas pero que non estean finalizadas a data da presentación das solicitudes. De igual xeito, poderán incluírse os honorarios dos profesionais, o custo de redacción de proxectos, informes técnicos e certificados precisos, así como os gastos derivados da tramitación administrativa, sempre que todos eles estean debidamente xustificados, excluídos impostos, taxas e tributos.
Ademais, na convocatoria tamén se establece que só se considerarán actuacións protexíbles aquelas que conten cun orzamento mínimo por vivenda rehabilitada ou que participe nos custos de rehabilitación dun edificio de 1.000 euros. Por último, no relativo á contía da subvención, por cada vivenda obxecto de rehabilitación establécese unha axuda máxima unitaria de 11.000 euros e o crédito orzamentario dispoñible é de 143.017,19 euros.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



