Lugo, 2 de xuño de 2017. O Deputado de Innovación, Participación Cidadá Mocidade e Deportes, Pablo Rivera Capón, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, mantiveron este venres un encontro cos veciños do núcleo urbano viveirense de Pénjamo, no que o Executivo Provincial achegou 33.000 euros para crear unha nova rede de alumeado público.
Son actuacións nas rúas Vicente Fanego e Alfonso Fernández Rivas, das que se beneficiarán os máis de 140 veciños que viven en toda a zona e que consisten na dotación de 8 novos puntos de luz exterior. Son luminarias de baixo consumo que dispoñen de equipos electrónicos, dotados con protección para a sobre tensión. Con esta mellora afórranse custos ao Concello, uns 145 euros ao ano, e conséguese unha redución enerxética de 33 Kwh/ano. O prazo de execución remata a finais deste mes.
Rivera Capón remarcou que esta actuación está dentro do Plan de Aforro Enerxético que impulsou o Goberno da Deputación, dotada de 1,5 millóns de euros do organismo provincial. Faino para reducir os gastos correntes aos 66 Concellos de menos de 20.000 habitantes a través de melloras en alumeados públicos, instalación de caldeiras da biomasa ou illamentos térmicos .
Melloras en accesos
Rivera Capón e Loureiro García achegáronse, ademais, á Praia de Area, onde se están a executar melloras no seu acceso que financia o Goberno da Deputación. Os traballos, que están a piques de rematar, consisten, fundamentalmente, na mellora do firme con aglomerado en quente; ademais da limpeza de cunetas. A praia de Area é unha das máis importantes do Concello e conta con bandeira azul.
Son preto de 1.200 metros de praia de area fina que, durante os meses de verán, se enche de centos de veciños e tamén turistas, para desfrutar deste espazo natural único e realizar, entre outras, actividades deportivas acuáticas.
O Executivo Provincial financia tamén melloras no firme dos accesos ao colexio e á Igrexa de Covas que comezarán, previsiblemente, nas vindeiras semanas. O Goberno da Deputación achegou un total de 40.000 euros para financiar ambas as dúas actuacións.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



